Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

22 de xuño de 2020

As paisaxes impactantes de Sebastião Salgado acampan nos xardíns de Méndez Núñez

A Fundación “la Caixa” ofrece até o 19 de xullo en colaboración co concello un mosaico de 38 imaxes en branco e negro, que pertencen ao proxecto “Xénese”, en que o fotógrafo brasileiro retrata os lugares máis virxes do planeta xunto ás xentes e á fauna que os habita

Desde hoxe e até o 19 de xullo pódese ver nos xardíns de Méndez Núñez a exposición "Xénese", do fotógrafo brasileiro Sebastião Salgado, que retrata os lugares máis virxes do planeta, xunto ás xentes e aos animais que os habitan nun mosaico de 38 imaxes en branco e negro. A Fundación "la Caixa" e o concello ofrecen ao aire libre as imaxes do que foi Premio Príncipe de Asturias das Artes, en que capta a inmensidade de paisaxes únicas no mundo para se deter nos detalles e formas de vida das comunidades humanas e construír así un discurso que fala de Madagascar, Botsuana, do Parque Nacional de Kafue en Zambia, da meseta do Colorado nos Estados Unidos, de Alaska ou do arquipélago das Galápagos, en Ecuador.

"Xénese" é o terceiro gran proxecto do artista. Concibido nun principio para denunciar a desaparición de espazos únicos, as experiencias vividas por Salgado levárono a cambiar o rumbo da súa investigación cara a espazos que se manteñen intactos. O resultado son 32 anos coa cámara ao ombro que deron en instantáneas de desertos xigantescos e de terras xeadas da Antártida, bosques tropicais e cordilleiras dunha presenza impoñente. O fotógrafo homenaxea a natureza en todo o seu esplendor e o mundo animal: "Sentín que era un privilexio contemplar os ciclos da vida en continua repetición", sinala Salgado. A mostra enmárcase dentro do acordo entre a Fundación "la Caixa" e a Xunta para a celebración do Xacobeo 2021.

Noticias de A. G. Educación, Memoria Histórica, Innovación, Industria e Emprego

Educación, Memoria Histórica, Innovación, Industria e Emprego

Sen resultados.

Busca na nosa hemeroteca de AG...

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión