Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

25 de maio de 2020

As salas de exposicións reabrirán o próximo venres e os museos históricos, o 2 de xuño

Os Museos Científicos agardan instrucións por parte do Goberno do Estado para concretar o seu funcionamento ao se trataren de centros interactivos

A Concellería de Cultura anuncia a reapertura das salas de exposicións -Casa de Cultura "Salvador de Madariaga", en Durán Loriga; o Kiosco Alfonso e a do Pazo Municipal de María Pita- para o próximo venres. Con respecto aos Museos Científicos, aínda que está permtido que na fase 2 retomen a súa actividade, desde os centros están esperando instrucións por parte do Goberno do Estado para concretar de que xeito facelo ao se trataren de centros interactivos con módulos que funcionan de forma táctil. No caso dos museos históricos, estes abrirán de novo o 2 de xuño.

Canto ás salas expositivas, as e os coruñeses poderán desfrutar desde o venres, ás 12.00 horas, da mostra do artista Miguel Zelada no Kiosco Alfonso e da do pintor Fermín Encinar, en María Pita. No espazo dos Cantóns, prepararán a partir do 9 de xuño a montaxe da seguinte, en que se abordará a historia do Real Club Deportivo.

En Durán Loriga inaugurarase a exposición de José Yáñez, titulada "Desde a miña mirada" e a sala de Palexco estará de momento inoperativa pola desmontaxe da última, "Unha autoestrada detrás do enchufe", da Rede Eléctrica de España.

Noticias de A. G. Deportes

Deportes

10 resultados

ver máis

Busca na nosa hemeroteca de AG...

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión