Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

21 de xaneiro de 2021

Benestar Social abre unha nova convocatoria de actividades socioculturais en liña e gratuítas

As clases, que se impartirán desde o 25 de xaneiro até o 14 de maio, “son totalmente gratuítas e para toda a cidadanía, para salvagardar a seguridade das e dos veciños. Agardaremos a evolución da situación epidemiolóxica antes de decidir se abrimos unha modalidade presencial”, sinalou a concelleira de Benestar Social, Yoya Neira

O Concello, a través da Concellería de Benestar Social, Igualdade e Participación, oferta unha nova convocatoria de actividades socioculturais dos centros cívicos municipais a disposición da veciñanza. As materias impartiranse exclusivamente en liña, como medida preventiva de contaxios da Covid-19, desde o 25 de xaneiro até o 14 de maio.

A concelleira de Benestar Social, Yoya Neira, sinalou que "polo de agora só podemos abrir a modalidade en liña destas actividades, que son totalmente gratuítas e para toda a cidadanía, para salvagardar a seguridade das e dos veciños. Agardaremos a evolución da situación epidemiolóxica antes de decidir se abrimos unha modalidade presencial".

A través da canle de YouTube "Coruña Acompaña" (http://bit.ly/2M4TZDX) ofreceranse 18 actividades socioculturais de luns a venres en formato vídeo para que a cidadanía poida seguir desfrutando deste programa desde os seus fogares sen poñer en risco a súa saúde. As actividades subidas nesta canle serán da seguinte tipoloxía:

- Actividade física: de cara a combater o sedentarismo, ofrécense actividades como pilates, ioga, taichí moderno, ximnasia funcional, corpo en forma e control do movemento.

- Actividades de expresión corporal: swing, danza do ventre para facer exercicio ao ritmo da música.

- Novas tecnoloxías: programación creativa, un taller destinado a programar e coñecer os recursos que as novas tecnoloxías nos brindan.

- Actividades de expresión plástica: debuxo manga ou diver-manualidades, para experimentar diferentes técnicas e materiais.

- Estimulación cognitiva: potencia a túa mente, unha proposta de traballo en liña con vídeos de exercicios e materiais didácticos descargables para exercitar a mente e a memoria.

- Idiomas: inglés lúdico, inglés para principiantes ou Lingua de Signos Española (LSE) para aprender novas competencias comunicativas e gramaticais.

- Habilidades domésticas: cociña en familia, cociña temática: tuppers saudables, repostería para aprender novas receitas sen moverte da casa.

Actualmente, esta canle de YouTube conta con 143.500 visualizacións e 1.318 subscritores.

Noticias de A. G. Economía, Facenda e Réxime interior

Economía, Facenda e Réxime interior

Sen resultados.

Busca na nosa hemeroteca de AG...

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión