Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

25 de setembro de 2020

Benestar Social reabre os espazos de atención á infancia para axudar á conciliación laboral

A concelleira de Benestar Social, Igualdade e Participación, Yoya Neira, sinala que a “reapertura destes espazos responde á necesidade de conciliación das familias e ao compromiso do Concello con elas” e que os EAI “son contornos seguros en que se tomarán as medidas de seguridade sanitarias necesarias”

A Concellería de Benestar Social, Igualdade e Participación reabriu o pasado mércores os espazos de atención á infancia nas súas localizacións habituais, agás no caso do espazo da Sagrada Familia, en que se trasladou a unha nova localización no Centro Cívico dos Mallos.

Debido á nova situación sanitaria provocada  pola Covid-19, e velando polo benestar das e dos menores, o número de prazas en cada un dos espazos de atención á infancia verase reducido a un máximo de 9 menores, que serán atendidas/os en todo momento por unha monitora ou monitor.

A concelleira de Benestar Social, Igualdade e Participación, Yoya Neira, sinala "o compromiso do Goberno local para lles axudar a conciliar ás familias con nenas e nenoas coa reapertura destes espazos en que se cumprirán todas as medidas que indiquen as autoridades sanitarias"

Os espazos e horarios serán os que se detallan a continuación:

CENTROS

HORARIOS

PERÍODO LECTIVO

L-V

PERÍODO

NON LECTIVO

Nª PRAZAS PERÍODO LECTIVO

LABAÑOU

15:00 a 20:30

8:00 a 15:00

18

PALAVEA

16:00 a 20:30

8:00 a 15:00

9

CASTRILLÓN

16:00 a 20:30

16:00 a 20:30

9

OS MALLOS

16:00 a 20:30

9:00 a 15:00

9

MONTE ALTO

15:00 a 20:30

8:00 a 15:00

18

MESOIRO

16:30 a 20:30 SÁBADOS 10:30 a 13:30

8:00 a 15:00

9

Debido á necesidade de priorizar as necesidades de conciliación da vida laboral e familiar, as Ludotecas de Monte Alto e de Mesoiro reconverteranse en espazos de atención á infancia.

Desde a concellería sinalan que, para poder acceder a estes espazos, as familias deberán estar dadas de alta no Servizo de Canguraxe e acreditar necesidades de conciliación laboral.

+ info sobre este servizo: https://bit.ly/2RZaCjW

Noticias de A. G. Alcaldía

Alcaldía

Sen resultados.

Busca na nosa hemeroteca de AG...

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión