24 de agosto de 2020
Coa instalación dunha rampla garantirase a accesibilidade a un edificio en que se arranxarán os estragos da fachada e que se pintará para acoller mellor as persoas con problemas de alcolismo
Benestar Social realiza estes días traballos de mellora na sede da asociación Utaca-Asociación Ex-Alcohólicos da Coruña, situada en Laxes de Orro,2. Por unha parte, o local contará cunha rampla na entrada para garantir a accesibilidade de todas as persoas usuarias dentro dunha actuación en que tamén se arranxará a fachada do edificio, que estaba moi deteriorada. Despois de reparar os estragos e de lles quitar o óxido ás fiestras, pintarase. Destínase á obra un orzamento de 15.106,85 euros. O inmoble é propiedade municipal, pero está cedido ao colectivo que traballa no barrio de Elviña con persoas con problemas de alcolismo.
Esta mellora prodúcese despois de que a concelleira de Benestar Social, Yoya Neira, contactase coa asociación ao longo destes meses, nunha comunicación que seguirá sendo fluída, asegura a edila, para tratar de lle dar resposta as súas demandas.
Relacións institucionais, Turismo e Seguridade Ciudadá
1 resultados
O 19 de feb de 2024
A concelleira de Atención Cidadá e Seguridade, Montserrat Paz, recibiu ao vehículo que permite o seu uso asistencial ou medicalizado
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible