24 de setembro de 2020
O concelleiro de Turismo compareceu na Comisión Informativa de Promoción Económica, Comercio e Turismo, para aclarar as dúbidas existentes sobre a situación actual coas compañías aéreas que operan desde Alvedro
O concelleiro de Turismo, Relacións Institucionais e Seguridade Cidadá, Juan Ignacio Borrego, compareceu na Comisión Informativa de Promoción Económica, Comercio e Turismo, para aclarar as dúbidas existentes sobre a situación actual coas compañías aéreas que operan desde Alvedro.
Un informe independente servirá para avaliar a situación actual do aeroporto, comparativamente con outros aeródromos nacionais.
O concelleiro sinalou que "nunca houbo contrato con Volotea" e que "o contrato que existe con Vueling será analizado na próxima Xunta de Goberno do Consorcio de Turismo". Ademais, Borrego asegurou que "quen queira facer política contra Alvedro, equivócase".
O edil compareceu nesta reunión municipal co fin de informar sobre o único punto da orde do día da sesión, que trataba sobre as xestións realizadas polo Goberno municipal ante a situación do descenso de operacións e redución de frecuencias de voos no aeródromo coruñés. Borrego compartiu coas concelleiras e concelleiros asistentes á devandita comisión os contactos permanentes mantidos cos distintos axentes implicados: compañías aéreas, comité de empresa do aeródromo, plataforma Vuela Más Alto, etc. e detallou o que cualificou como "vixilancia permanente" da evolución da situación actual.
Tamén se referiu ao informe solicitado polo Consorcio de Turismo a unha entidade independente coa finalidade de solicitar datos obxectivos sobre os que poder avaliar se a situación de Alvedro se corresponde coa actual situación do sector da navegación aérea a nivel global ou obedece a outras causas de carácter endóxeno, en aras a evitar que a actual situación de pandemia puidese provocar un efecto de "aproveitamento sobrevindo" que puidese afectar dalgunha a maneira ás posibilidades de futuro do aeródromo.
Borrego tamén aclarou que actualmente existe unha solicitude de suspensión temporal do contrato por parte da compañía Vueling, que se someterá a debate na próxima Xunta de Goberno do Consorcio de Turismo da Coruña, que terá lugar previsiblemente o día 29 de setembro.
14 resultados
O 18 de abr de 2024
A concelleira de Medio Ambiente, Noemí Díaz, fíxolle entrega das bolsas individuais, tamén dispoñibles para a súa recollida no Centro Cívico
O 16 de abr de 2024
As persoas interesadas en apuntarse a esta proba e ao conxunto do circuíto poderán facelo ata o 5 de maio
O 7 de abr de 2024
O concelleiro de Deportes, Manuel Vázquez, participou no acto de entrega de premios ás e aos gañadores
O 13 de mar de 2024
A Coruña foi a única cidade galega en crear unha oficina específica de atención ás persoas que fuxían da invasión rusa
O 5 de mar de 2024
As persoas interesadas poden participar no conxunto das sete carreiras ou apuntarse para a XII Carreira Popular da Torre do próximo 23 de marzo
O 25 de feb de 2024
A alcaldesa, Inés Rey, presidiu a entrega de medallas aos gañadores
ver máis
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible