15 de xaneiro de 2021
A biblioteca do Centro Ágora acolle unha exposición cunha selección das imaxes presentadas á XV edición do certame
O concelleiro de Educación, Jesús Celemín, asistiu esta mañá á inauguración na biblioteca do Centro Ágora dunha exposición formada polas fotos premiadas e unha selección das mellores imaxes presentadas ao 15 Concurso Fotográfico Xurxo Lobato, que organiza a Asociación de Amigos do Instituto de Monelos. No acto tamén estiveron presentes o fotógrafo Xurxo Lobato, e a directora da biblioteca, Cristina Ameijeiras Saiz.
O concelleiro de Educación dixo estar impresionado "pola calidade das fotografías a pesar da xuventude das persoas participantes", e deulle os seus parabéns a toda a mocidade á que animou "a que sigan disparando para que a veciñanza poida seguir gozando das súas instantáneas". Neste senso, Celemín subliñou o labor desenvolto pola organización do concurso na procura de novos talentos.
E lembrou o compromiso do Concello coa Cultura, tal e como quedou reflectido onte no pleno coa lectura dunha declaración institucional apoiada por todas as forzas políticas. "O Goberno local de Inés Rey considera a Cultura un ben de primeira necesidade; e todas as administracións debemos traballar para garantir que as actividades culturais se poidan desenvolver con total seguridade".
O concurso, dirixido ao alumnado de Educación Secundaria, Bacharelato, Formación Profesional e escolas de arte de Galicia, busca favorecer a promoción de novos artistas que ven na fotografía unha maneira de creación, e impulsar a fotografía entre a mocidade galega. A mostra viaxará despois á Escola de Imaxe e Son de Someso, á Biblioteca do Castrillón, aos IES Durmideiras, Monelos e Zalaeta, e ao museo do Pobo Galego.
Nesta edición, o xurado, presidido por Xosé A. Fraga, presidente da Asociación de Amigos do Instituto Monelos, decidiu por unanimidade conceder o primeiro premio ao fotógrafo Alberto García Bernárdez pola súa fotografía "Acción catódica", da que destacou "a súa singularidade, boa realización, capacidade narrativa e de impacto, e o carácter actual da súa concepción visual". O segundo premio foi para María Soto Fernández pola súa foto Solpor en Grecia". E o terceiro premio foi para Pablo Martíns Tuche pola imaxe "Caminante sobre nubes" Nesta edición presentáronse alumnas e alumnos de 24 centros de ensino de 17 cidades e vilas de Galicia, con mais de 290 fotos.
14 resultados
O 18 de abr de 2024
A concelleira de Medio Ambiente, Noemí Díaz, fíxolle entrega das bolsas individuais, tamén dispoñibles para a súa recollida no Centro Cívico
O 7 de abr de 2024
O concelleiro de Deportes, Manuel Vázquez, participou no acto de entrega de premios ás e aos gañadores
O 13 de mar de 2024
A Coruña foi a única cidade galega en crear unha oficina específica de atención ás persoas que fuxían da invasión rusa
O 5 de mar de 2024
As persoas interesadas poden participar no conxunto das sete carreiras ou apuntarse para a XII Carreira Popular da Torre do próximo 23 de marzo
O 25 de feb de 2024
A alcaldesa, Inés Rey, presidiu a entrega de medallas aos gañadores
O 19 de feb de 2024
A concelleira de Atención Cidadá e Seguridade, Montserrat Paz, recibiu ao vehículo que permite o seu uso asistencial ou medicalizado
ver máis
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible