Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

15 de xaneiro de 2021

Celemín destaca o labor do Concurso de Fotografía Xurxo Lobato na procura de novos talentos

A biblioteca do Centro Ágora acolle unha exposición cunha selección das imaxes presentadas á XV edición do certame

O concelleiro de Educación, Jesús  Celemín, asistiu esta mañá á inauguración na biblioteca do Centro Ágora dunha exposición formada polas fotos premiadas e unha selección das mellores imaxes presentadas ao 15 Concurso Fotográfico Xurxo Lobato, que organiza a Asociación de Amigos do Instituto de Monelos. No acto tamén estiveron presentes o fotógrafo Xurxo Lobato, e a directora da biblioteca, Cristina Ameijeiras Saiz.

O concelleiro de Educación dixo estar impresionado "pola calidade das fotografías a pesar da xuventude das persoas participantes", e deulle os seus parabéns a toda a mocidade á que animou "a que sigan disparando para que a veciñanza poida seguir gozando das súas instantáneas". Neste senso, Celemín subliñou o labor desenvolto pola organización do concurso na procura de novos talentos.

E lembrou o compromiso do Concello coa Cultura, tal e como quedou reflectido onte no pleno coa lectura dunha declaración institucional apoiada por todas as forzas políticas. "O Goberno local de Inés Rey considera a Cultura un ben de primeira necesidade; e todas as administracións debemos traballar para garantir que as actividades culturais se poidan desenvolver con total seguridade".

O concurso, dirixido ao alumnado de Educación Secundaria, Bacharelato, Formación Profesional e  escolas de arte de Galicia, busca  favorecer a promoción de novos artistas que ven na fotografía unha maneira de creación, e impulsar a fotografía entre a mocidade galega. A mostra viaxará despois á Escola de Imaxe e Son de Someso, á Biblioteca do Castrillón, aos IES Durmideiras, Monelos e Zalaeta, e ao museo do Pobo Galego.

Nesta edición, o xurado, presidido por Xosé A. Fraga, presidente da Asociación de Amigos do Instituto Monelos, decidiu por unanimidade conceder o primeiro premio ao fotógrafo Alberto García Bernárdez pola súa fotografía "Acción catódica", da que destacou "a súa singularidade, boa realización, capacidade narrativa e de impacto, e o carácter actual da súa concepción visual". O segundo premio foi para María Soto Fernández pola súa foto  Solpor en Grecia". E o terceiro premio foi para Pablo Martíns Tuche pola imaxe "Caminante sobre nubes"  Nesta edición presentáronse alumnas e alumnos  de 24 centros de ensino de 17 cidades e vilas de Galicia, con mais de 290 fotos.

Noticias de A. G. Deportes

Deportes

11 resultados

ver máis

Busca na nosa hemeroteca de AG...

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión