Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

22 de xuño de 2020

Comezan os campamentos de verán con 3.128 nenas e nenos inscritos

Aínda quedan prazas dispoñibles nas distintas opcións que o concello ofrece e en que a cativada da cidade poderá practicar actividades musicais, deportivas e culturais con saídas ao aire libre

Os campamentos de verán do Concello comezaron hoxe con 3.128 nenas e nenos inscritas/os. En concreto, apuntáronse preto de 1.200 pequenas e pequenos nas actividades programadas por Benestar Social, en que non se xerou lista de espera e as familias puideron elixir a quincena que mellor lles encaixaba. Canto ás prazas anunciadas pola Concellería de Deportes, foron 530 as persoas que se anotaron e aínda quedan 140 pendentes que desde esta área esperan adxudicar. No caso das vacantes presentadas pola OMIC, chegáronse a cubrir 50 e polo momento está aberto o período para tratar de completar coas dez que están dispoñibles. Nos campamentos do IMCE participarán 477 cativos/as e quedan outras 333 prazas por cubrir mentres que haberá 28 máis nos que organiza o Consorcio para a Promoción da Música das 30 totais. Por último, Educación, coa colaboración da Federación de APAS, dará acubillo durante parte da tempada estival a 843 nenas e nenos.

En total, recibiron 3.975 solicitudes durante o período de preinscrición telemática, pero algunhas delas repetíronse, posto que as familias demandantes puideron formalizar a preinscrición en varias opcións e en distintas quendas para unha mesma nena ou neno.

As listaxes das preinscritas/os publicáronse o 30 de maio nas diferentes webs municipais, tamén se informou a través do 010 e envióuselle un correo electrónico a cada solicitante. O 3 de xuño tivo lugar o sorteo e o 9 de xuño deuse a coñecer a listaxe de persoas admitidas e as que pasaron a unha listaxe de espera.

Noticias de A. G. Educación, Memoria Histórica, Innovación, Industria e Emprego

Educación, Memoria Histórica, Innovación, Industria e Emprego

Sen resultados.

Busca na nosa hemeroteca de AG...

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión