Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

19 de maio de 2020

Complétanse en 4 horas as 500 prazas dos cursos en liña do Servizo Municipal de Emprego

O prazo de inscrición para as 75 formacións de balde especializadas en 19 ámbitos da dixitalización abriuse onte ás 10.00 h e tivo unha grande acollida por parte da cidadanía coruñesa. A alcaldesa, Inés Rey, destaca que “o Concello da Coruña está a realizar unha aposta firme e decida pola formación en liña, que se erixe nunha das medidas articuladas para facer fronte ao actual estado de alarma xerado pola COVID-19”.

As 500 prazas en cursos de formación en liña que o Servizo Municipal de Emprego do concello puxo ao dispor da cidadanía coruñesa onte ás 10:00 horas cubríronse en menos de 4 horas. Ás 14.00 h xa estaban esgotadas todas as prazas dos 75 cursos especializados en 19 áreas do ámbito da dixitalización, que potencian as habilidades profesionais e a empregabilidade do alumnado.

A alcaldesa, Inés Rey, destaca que "o Concello da Coruña está a realizar unha aposta firme e decida pola formación en liña, que se erixe nunha das medidas articuladas para facer fronte ao actual estado de alarma xerado pola COVID-19".

Nos próximos días comprobaranse os datos achegados polas persoas usuarias e se cumpren os requisitos para accederen a esta formación: ser maior de 16 anos e estar empadroado/a na Coruña. Como máximo cada persoa podía escoller un curso, polo que un total de 500 coruñeses e coruñesas dispoñerán da súa formación en liña de maneira totalmente gratuíta.

As disciplinas máis demandadas foron os idiomas, ofimática, márketing, saúde e loxística. Desde o Servizo de Emprego aseguran que houbo unha relevante acollida por parte da cidadanía nos cursos de Community Manager e creación de páxinas web con HTML5, con máis de 50 prazas solicitadas, xestión de loxística e cursos de administración de empresas, con máis de 40 alumnos/as, e o curso de nutrición e dietética, con máis de 20 solicitudes. Pero, sen dúbida, os cursos estrela foron os de idiomas: inglés e francés con niveis que abarcan do A1 ao C1, con máis de 100 alumnas/os rexistradas/os, e os cursos de ofimática para o manexo de Microsoft Excel, Word, Power Point e Access, con máis de 35 solicitudes de inscrición.

Esta iniciativa municipal está deseñada especialmente para persoas en situación de desemprego, traballadores/as en ERTE, profesionais autónomos e traballadores/as de PEMES.

Desde a súa inscrición, as e os usuarios dispoñen de 3 meses para poder completalos, cunha forma integramente en liña e accesible durante as 24 horas do día calquera día da semana.

Aínda hai prazas dispoñibles para o curso de manipulación de alimentos e primeiros auxilios. As persoas interesadas pódense preinscribir a través da web de Emprego https://www.coruna.gal/emprego/gl. Ademais, nas próximas semanas publicaranse máis cursos nesta modalidade en liña.

Noticias de A. G. Alcaldía

Alcaldía

Sen resultados.

Busca na nosa hemeroteca de AG...

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión