Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

6 de novembro de 2020

Concello e Deputación coordinarán axudas por un importe de 1,2 millóns de euros dirixidas á hostalaría e ao comercio local

Ambas as administracións abren unha nova liña que se suma aos máis de 13,2 millóns de euros que o Goberno local destina ás persoas autónomas e ás pemes a través do PRESCO. Tanto a alcaldesa como o presidente do organismo provincial reclamáronlle á Xunta unha maior coordinación entre as administración para que axudas poidan chegar canto antes ás persoas que máis as precisan.

A alcaldesa, Inés Rey, anunciou hoxe que a Deputación da Coruña reforzará con 1,2 millóns de euros ao Plan de Reactivación Económica e Social (PRESCO) para ampliar as axudas existentes destinadas ao sector da hostalaría e do comercio. Un reforzo económico que a alcaldesa lle agradeceu ao presidente da Deputación, Valentín González Formoso, con quen mantivo unha reunión de traballo esta mañá en María Pita, en que tamén estiveron presentes o vicepresidente da Deputación, Xosé Regueira, e o voceiro do Goberno Local, José Manuel Lage. Rey cualificou a achega da Deputación de "moi siginificativa e moi necesaria nun momento en que as novas restricións sanitarias poñen de novo o foco en sectores xa moi golpeados, como o sector da hostalaría, con este peche que se inicia esta noite e que durará un mes". Un sector, dixo, que sufriu as consecuencias do peche durante o confinamento e que agora máis que nunca reclama o apoio das administracións públicas "que, lonxe de discutir sobre as medidas, debemos poñernos a traballar da man para axudarlles aos sectores que peor o están a pasar". Neste sentido, Rey lembrou que o seu goberno local foi o primeiro en habilitar axudas directas dirixidas ás persoas autónomas dos sectores do comercio e da hostalaría, que poden chegar aos 6.000 euros por persoa. "Fomos a primeira administración en responder e a primeira administración en pagar", recalcou.

A rexedora recriminoulle á Xunta a súa tardanza, oito meses, en anunciar as súas medidas que publicou onte e "que nós celebramos pero que celebraremos aínda máis cando sexan efectivas". Neste momento, dixo, unha persoa autónoma pode acceder a través do PRESCO a 12.000 euros (6.000 de axudas directas e 6.000 de bonos desconto). As ditas axudas estanse a pagar desde o mes outubro e foron solicitadas por máis de 3.837 persoas.

Un plan, subliñou a alcaldesa, que se reforza coa achega da Deputación, "unha administración que amosa unha vez máis que se pon á disposición da cidadanía e que fai políticas efectivas e reais ao lado das persoas que máis o necesitan e coa que seguiremos a traballar". Rey tamén lembrou a intención do Goberno local de ampliar con máis de 2 millóns de euros as axudas. Para iso, confía en contar co apoio de todas as forzas políticas, como aconteceu no mes de xullo cando se puxo en marcha o primeiro PRESCO.

Pola súa banda, o presidente da Deputación, Valentín Formoso, quixo destacar o feito de que con estas axudas a Deputación e os concellos están respondendo a unha demanda social e económica urxente desde administracións que non teñen competencias na materia e ofrecendo así evidentes mostras de responsabilidade e "sen esconderse ante os problemas". O presidente do organismo provincial valorou o esforzo que está a realizar o concello a través do PRESCO "que en tempo récord foi capaz de liderar unha resposta administrativa e institucional dirixida á hostalaría e ao comercio".

Formoso explicou que a lei lles permite realizar actuacións excepcionais en materia de apoio ás cidades. "E creo que o contexto sanitario actual xustifica esa colaboración que se vai materializar na Coruña e tamén en Ferrol e Santiago", dixo. Tamén fixo un chamamento á Xunta para acadar unha maior coordinación na concesión de das axudas e poder así darlle á cidadanía unha resposta práctica as súas situacións. Para iso, expuxo a necesidade de pór en marcha un Foro técnico en que as administracións coordinen as axudas para que sexan máis efectivas.

Tamén realizou un chamamento á Xunta para acadar unha maior coordinación na concesión de das axudas e poder así ofrecerlle á cidadanía unha resposta práctica á súa situación. Para iso, expuxo a necesidade de pór en marcha un foro técnico en que as administracións coordinen as axudas para que sexan máis eficaces.

NOVO PRESCO

Doutra banda, o voceiro do Goberno local, José Manuel Lage, confirmou a intención do executivo local de reforzar o actual PRESCO, tal e como se anunciou onte durante o Pleno. Neste sentido, Lage agradeceulle ao PP e BNG a súa boa disposición para apoiar un modificativo de crédito que confía poida que levarse a acabo o antes posible. O Goberno local, subliñou, intentará acadar un consenso con todas as forzas políticas na posta en marcha dun segundo PRESCO.

Por iso agarda que ninguén faga política "*de regate corto" e que se poñan por diante os intereses da cidadanía para "combater a pandemia do coronavirus e axudarlles aos sectores económicos máis afectados. Estamos diante dunha crise económica profunda que necesita respostas".

Tamén reivindicou a proposta do presidente da Deputación á Xunta para "poñer os recursos de todas as administracións nunha mesma dirección" e destacou que "están moi ben os anuncios pero polo de agora só o Concello da Coruña e a Deputación son os que están a dar os pasos necesarios para lle axudaren a que máis o necesita". Lage quixo agradecerlle á Deputación a súa implicación no PRESCO cunha achega "totalmente excepcional". "Todas as axudas que podemos habilitar desde o concello dirixidas á hostalaría e aos comercios estsámolas habilitando", dixo o voceiro, quen lembrou que o concello eximiu os establecementos de hostalaría de pagaren as taxas municipais.

Noticias de A. G. Alcaldía

Alcaldía

Sen resultados.

Busca na nosa hemeroteca de AG...

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión