Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".
10 de xaneiro de 2020
A alcaldesa destacou o carácter innovador dun programa que prioriza a dimensión social e inclusiva das iniciativas seleccionadas
María Pita acolleu esta mañá o acto da sinatura dos convenios coas entidades deportivas seleccionadas na VI convocatoria de "Deporte Solidario e Inclusivo", impulsada pola Fundación EMALCSA. O obxectivo do programa é fomentar o deporte base como instrumento de intervención social para a integración de colectivos en risco ou en situación de exclusión social. En total, destinaranse 250.000 euros a 26 entidades que empregan un total de 354 traballadoras/es e mobilizan a 484 voluntarias/os. Estas entidades suman un total de 16.712 persoas socias e 3.406 licenzas de deporte federado das que o 35% son femininas.
O acto contou coa presenza da alcaldesa e presidenta da Fundación Emalcsa, Inés Rey, da súa vicepresidenta, Yoya Neira, do concelleiro de Deportes Juan Ignacio Borrego, e o director do departamento de Responsabilidade Social Corporativa de Gadis, Antonio Cortés, así como das persoas representantes das 26 entidades deportivas seleccionadas.
A rexedora destacou o carácter innovador desta sexta convocatoria ao impulsar o deporte como instrumento de intervención social, "estamos convencidos de que o deporte solidario e inclusivo vai constituír un vector de transformación da cidade, das entidades deportivas e da acción social". Neste senso, Inés Rey subliñou que as e os principais destinatarias/os destas axudas son as cativas e os cativos e adolescentes.
Nesta convocatoria priorizouse a dimensión social e inclusiva das iniciativas. Un 75% do financiamento destínase ao proxecto social e o outro 25% á actividade deportiva de base. Os proxectos e entidades beneficiarios supoñen unha ampla representación da diversidade de deportes que se practican na cidade: tenis, pádel, baloncesto, patinaxe, escalada, fútbol, e fútbol sala, esgrima, piragüismo, tenis, tenis de mesa, natación, rugby, hípica, wáter- polo, tríatlon, péntatlon moderno, halterofilia, tiro con arco e rugby.
Inés Rey encomiou o labor desenvolto desde a fundación ao "abrir novas liñas de intervención e abordar problemas vellos desde perspectivas novas" e felicitou as entidades deportivas pola calidade dos proxectos presentados, de maneira especial "pola sensibilidade que amosastes nas vosas propostas", que abarcan distintos ámbitos de actuación co obxectivo de favorecer a práctica deportiva para persoas en situación de risco social.
As 26 entidades que formalizaron coa súa firma o convenio presentaron proxectos que beneficiarán a preto de 14.300 persoas. Unha cifra, dixo, que inclúe, 600 prazas para gozar de maneira gratuíta de diversas actividades deportivas destinadas a nenas e nenos que foron derivadas por profesionais de Servizos Sociais.
Para o desenvolvemento dos proxectos seleccionados, as entidades deportivas contarán coa colaboración de entidades sociais especializadas na atención dos distintos colectivos beneficiarios dos proxectos da convocatoria, como son: Down Coruña, Aspronaga, Fundación Ingada, Aspace Coruña, ONG Ecos do Sur e Fundación Camiña Social, entre outras.
Con esta son seis as convocatorias promovidas pola Fundación Emalcsa cun total de 1,5 millóns de euros de investimento total. O programa conta desde o seu inicio coa colaboración de Gadis para o seu impulso e desenvolvemento. O representante de Gadis, Antonio Cortés, agradeceu durante o acto o labor social desenvolto polo Concello no ámbito do deporte inclusivo e puxo en valor as máis de 1.000 colaboracións da empresa no mundo do deporte.
As entidades seleccionadas son:
- Club Escuela Tenis Marineda
- Agrupación Montañeros Independientes
- Club Torre S.D.
- Club Zalaeta100Tolos
- Club Halterofilia Coruña
- Club Básquet Coruña
- Club del Mar San Amaro
- Sporting Club Casino de La Coruña
- Athletic Coruña Hockey Club
- Unión Vecinal Ventorrillo
- Club Hércules Termaria
- Club Ximnasia Rítmica María Barbeito
- Club Natación Coruña
- Club Maristas
- Club Viaxes Amarelle
- Galicia Rollers
- Club Marítimo Oza (O Puntal)
- Real Club Náutico de La Coruña
- S. D. As Xubias
- Asociación Coruñesa Waterpolo
- A.C.D. Salvador de Madariaga
- Club Eirís S.D.
-Victoria C.F.
Igualdade, Benestar social e Participación
40 resultados
O 14 de xan de 2021
Inés Rey: “ASPESOR foi a orixe da Federación de Asociacións de Xordos de Galicia que se converteu nun referente dentro e fóra de Galicia e tamén do movemento asociativo das persoas xordas”. A concelleira de Benestar Social, Yoya Neira, anunciou que este ano se asinará un convenio para que o concello conte cunha persoa intérprete de signos e que aínda quedan reivindicacións pendentes, como a presenza destas/es profesionais nos hospitais e nas administracións e que se impartan clases de LSE nos colexios.
O 13 de xan de 2021
A concelleira de Benestar Social, Igualdade e Participación, Yoya Neira, apuntou á “importancia de traballar neste tipo de iniciativas nunha vertente positiva e con referentes reais para as e os xoves” e destacou “o compromiso do Goberno local na loita para combater todo tipo de adiccións entre a mocidade”
O 9 de xan de 2021
A iniciativa será levada na súa categoría de ouro á Comisión de Honras e Distincións que terá lugar este luns
O 7 de xan de 2021
A concelleira de Benestar Social, Igualdade e Participación, Yoya Neira, asegurou que “o hostal que lles ofrecemos desde o inicio da pandemia ás persoas que viven na rúa está completo” e “coas baixas temperaturas que estamos sufrindo estes días vemos moi necesario activar un dispositivo de frío para hospedalas”
O 29 de dec de 2020
A Xunta de Goberno Local que terá lugar mañá tamén aprobará a licitación do proxecto de reurbanización e humanización da rúa Rafael Bárez Vázquez, entre as rúas Javier López López e Vicente Aleixandre, cun orzamento de 658.800 euros, co fin de modernizar e mellorar a súa accesibilidade peonil
O 21 de dec de 2020
A concelleira de Igualdade, Yoya Neira, inaugurou a mostra fotográfica, que se poderá ver até o 5 de febreiro na praza de Pontevedra e que lles pon rostro a 15 activistas de 12 países que traballan por lograren condicións igualitarias nas súas comunidades
ver máis
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible