5 de outubro de 2020
Haberá tres quendas de visitas programadas para as que será necesario inscribirse en https://ticketing.coruna.eu/concello/citic/
Xa podes inscribirte en https://ticketing.coruna.eu/concello/citic e participar nas visitas programadas á futura Cidade das TIC
O concello e a Universidade da Coruña organizan o próximo 9 de outubro unha xornada de portas abertas á futura Cidade das TIC co fin de que a veciñanza coñeza por dentro as naves construídas e todo o perímetro restante que servirá en Pedralonga á tecnoloxía e ao coñecemento.
Organizaranse ata tres quendas de visitas programadas, que terán lugar de 10.00 a 12.00, de 12.00 a 14.00 e de 16.00 a 18.00 horas. En cada grupo participarán 20 persoas como máximo. As persoas interesadas poden apuntarse a través da ligazón https://ticketing.coruna.eu/concello/citic/. Para a actividade, seguiranse todas as medidas contra a Covid-19 esixidas pola Xunta.
Deste xeito, a cidadanía paseará, cun roteiro previamente establecido, pola instalación da antiga Fábrica de Armas, cedida á Universidade polo Ministerio de Defensa para desenvolver o proxecto da Cidade das TIC, o campus científico tecnolóxico impulsado pola Universidade da Coruña e o Clúster TIC de Galicia. Serán en total 127.000 metros cadrados de terreo en que se construirá o parque para o que se aproveitarán 30.000 metros cadrados que xa están edificados.
14 resultados
O 18 de abr de 2024
A concelleira de Medio Ambiente, Noemí Díaz, fíxolle entrega das bolsas individuais, tamén dispoñibles para a súa recollida no Centro Cívico
O 7 de abr de 2024
O concelleiro de Deportes, Manuel Vázquez, participou no acto de entrega de premios ás e aos gañadores
O 13 de mar de 2024
A Coruña foi a única cidade galega en crear unha oficina específica de atención ás persoas que fuxían da invasión rusa
O 5 de mar de 2024
As persoas interesadas poden participar no conxunto das sete carreiras ou apuntarse para a XII Carreira Popular da Torre do próximo 23 de marzo
O 25 de feb de 2024
A alcaldesa, Inés Rey, presidiu a entrega de medallas aos gañadores
O 19 de feb de 2024
A concelleira de Atención Cidadá e Seguridade, Montserrat Paz, recibiu ao vehículo que permite o seu uso asistencial ou medicalizado
ver máis
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible