Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

5 de outubro de 2020

Concello e UDC organizan o día 9 unha xornada de portas abertas na Cidade das TIC

Haberá tres quendas de visitas programadas para as que será necesario inscribirse en https://ticketing.coruna.eu/concello/citic/

Xa podes inscribirte en https://ticketing.coruna.eu/concello/citic e participar nas visitas programadas á futura Cidade das TIC

O concello e a Universidade da Coruña organizan o próximo 9 de outubro unha xornada de portas abertas á futura Cidade das TIC co fin de que a veciñanza coñeza por dentro as naves construídas e todo o perímetro restante que servirá en Pedralonga á tecnoloxía e ao coñecemento.

Organizaranse ata tres quendas de visitas programadas, que terán lugar de 10.00 a 12.00, de 12.00 a 14.00 e de 16.00 a 18.00 horas. En cada grupo participarán 20 persoas como máximo. As persoas interesadas poden apuntarse a través da ligazón  https://ticketing.coruna.eu/concello/citic/. Para a actividade, seguiranse todas as medidas contra a Covid-19 esixidas pola Xunta.

Deste xeito, a cidadanía paseará, cun roteiro previamente establecido, pola instalación da antiga Fábrica de Armas, cedida á Universidade polo Ministerio de Defensa para desenvolver o proxecto da Cidade das TIC, o campus científico tecnolóxico impulsado pola Universidade da Coruña e o Clúster TIC de Galicia. Serán en total 127.000 metros cadrados de terreo en que se construirá o parque para o que se aproveitarán 30.000 metros cadrados que xa están edificados.

Noticias de A. G. Deportes

Deportes

11 resultados

ver máis

Busca na nosa hemeroteca de AG...

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión