Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

9 de outubro de 2020

Concello e UDC organizan unha nova xornada de portas abertas na Cidade das TIC o día 16

Haberá catro quendas de visitas programadas para as que será necesario inscribirse en https://ticketing.coruna.eu/concello/citic2/

Debido á boa resposta da veciñanza, o concello e a Universidade da Coruña ofrecerán o 16 de outubro unha nova xornada de portas abertas á futura Cidade das TIC, con catro quendas de visitas programadas. Terán lugar de 10.00 a 12.00, de 12.00 a 14.00, de 16.00 a 18.00 e de 18.00 a 20.00 horas. En cada grupo participarán 25 persoas como máximo. As persoas interesadas poden apuntarse xa a través da ligazón https://ticketing.coruna.eu/concello/citic2. Para a actividade, seguiranse todas as medidas esixidas pola Xunta contra a Covid-19.

Deste xeito, a cidadanía coñecerá, cun percorrido previamente establecido, a instalación da antiga Fábrica de Armas, cedida á Universidade polo Ministerio de Defensa para desenvolver o proxecto da Cidade das TIC, o campus científico tecnolóxico impulsado pola Universidade da Coruña e o Clúster TIC de Galicia.

Noticias de A. G. Economía, Facenda e Réxime interior

Economía, Facenda e Réxime interior

Sen resultados.

Busca na nosa hemeroteca de AG...

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión