17 de agosto de 2020
O período para formular as alegacións estará aberto do 18 ao 22 de agosto, de acordo co que establece a base 9.2 que regula este anuncio
A Concellaría de Deportes anuncia a apertura do prazo de 5 días naturais para formular alegacións á convocatoria de usos das instalacións deportivas municipais, segundo dispón a base 9.2 que regula esta convocatoria.
O prazo comeza o día seguinte ao de se publicar na web de Deportes. Por tanto, o período para presentar alegacións abranguerá do 18 ao 22 de agosto (ás 23.59 h).
As listaxes pódense consultar na web de Deportes, no apartado de Convocatoria de usos das instalacións deportivas. Hai dous tipos de listas:
• usos de instalacións para actividade deportiva
• usos de instalacións para actividade física.
As entidades poderán identificar a súa solicitude en función do CIF ou NIF consignado na solicitude. As alegacións realizaranse remitindo un correo a deportes@coruna.es. Non se contestarán os correos electrónicos nin se poderán empregar para formular preguntas ou dúbidas. Atenderanse exclusivamente os correos enviados para emendar as solicitudes.
Máis información: https://www.coruna.gal/deportes/gl/instalacions/convocatoria-de-usos-de-instalacions-deportivas-municipais
14 resultados
O 18 de abr de 2024
A concelleira de Medio Ambiente, Noemí Díaz, fíxolle entrega das bolsas individuais, tamén dispoñibles para a súa recollida no Centro Cívico
O 7 de abr de 2024
O concelleiro de Deportes, Manuel Vázquez, participou no acto de entrega de premios ás e aos gañadores
O 13 de mar de 2024
A Coruña foi a única cidade galega en crear unha oficina específica de atención ás persoas que fuxían da invasión rusa
O 5 de mar de 2024
As persoas interesadas poden participar no conxunto das sete carreiras ou apuntarse para a XII Carreira Popular da Torre do próximo 23 de marzo
O 25 de feb de 2024
A alcaldesa, Inés Rey, presidiu a entrega de medallas aos gañadores
O 19 de feb de 2024
A concelleira de Atención Cidadá e Seguridade, Montserrat Paz, recibiu ao vehículo que permite o seu uso asistencial ou medicalizado
ver máis
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible