Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

13 de febreiro de 2021

Deportes ofrecerá visitas guiadas para percorrer a trote o patrimonio coruñés de María Pita, a Torre e Riazor

A concellería prepara, para cando a situación epidemiolóxica mellore, catro rutas que lle permitirán á cidadanía coñecer curiosidades do ámbito deportivo e da historia da cidade ao mesmo tempo que realiza exercicio

A Concellería de Deportes prepara un programa pioneiro de catro visitas guiadas centradas no ámbito deportivo e que lle permitirán á cidadanía coñecer o patrimonio coruñés, ao mesmo tempo que realiza exercicio. Conducidas polo guía Suso Martínez, os percorridos sumaranse ao resto da oferta municipal sobre zonas e recunchos emblemáticos da cidade. Neste caso, consistirán nunha primeira, en modo paseo, polo "deporte coruñés" e outras tres máis para facelas correndo denominadas "running tours". A concelleira de Deportes, Mónica Martínez, asegura que "serán experiencias únicas coas que achegármonos ao patrimonio coruñés practicando deporte". Os itinerarios irán desde a praza de María Pita á Torre de Hércules (a primeira das rutas), unha segunda abarcará o parque escultórico do faro, e unha terceira partirá desde a Torre e rematará en Riazor.

Canto ao procedemento para retirar os convites, Deportes daralles prioridade ás persoas usuarias das escolas deportivas como unha forma de completar a práctica de deporte fóra dos recintos. Informan desde a concellería de que, en caso de non se cubriren o total de prazas, anunciarán as vacantes a través das redes para que o resto da cidadanía se poida apuntar co fin de que toda a veciñanza desfrute dun xeito orixinal de se internar na Coruña deportiva. A edila asegura que no verán as catro visitas guiadas serán un importante reclamo turístico, polo que a idea é ampliar a súa frecuencia.

A visita do deporte coruñés terá como epicentro o complexo deportivo de Riazor e está pensada para que todos os públicos a poidan realizar a pé, ou sexa, paseando. As tres running-tours responden, pola súa parte, a unha modalidade novidosa que implicará que a cidadanía realice un pouco de exercicio e descubra as curiosidades da cidade ao mesmo tempo.

O deporte coruñés. A visita guiada a Riazor.

Nesta ruta repasarase a historia do deporte na cidade da Coruña e as súas persoas protagonistas xunto aos escenarios en que destacaron. Recordaranse fitos como os que ocorreron no corralón da Gaiteira e A Granxa até os do campo de Riazor e o estadio que se constrúe a comezos dos 40, unha arquitectura que se revisará para acoller o Mundial de 1982 e que finalmente nos 90 recibirá o "fenómeno do Superdepor". Ademais do fútbol, abordaranse outras especialidades como o hóckey sobre patíns, o fútbol-sala, o baloncesto, o atletismo, o remo e a esgrima, así como as e os coruñeses que foron "olímpicas/os".

A ruta comezará no busto de Arsenio Iglesias do paseo de Riazor e transitará polos exteriores e interiores do Estadio municipal Abanca Riazor e o Pazo Municipal de Deportes, onde está instalada a exposición "50 anos do Pazo Municipal". Terá unha duración de hora e media.

Ruta 1: "Correndo e descubrindo desde María Pita á Torre"

Será un percorrido de 3,3 quilómetros, en que se correrá e se alternará con explicacións sobre monumentos e paisaxes. O grupo trotará a ritmo moi suave tras o guía e pararase para escoitar as explicacións sobre María Pita, as murallas do Parrote, o vello baluarte, as murallas do Parrote e a Porta de San Miguel, o cemiterio de Santo Amaro, Caronte e Breogán. Durará aproximadamente unha hora e media.

Ruta 2: "Correndo e descubrindo o Parque Escultórico da Torre"

De 2,7 quilómetros, a ruta suporá ir a trote polo Parque escultórico que rodea a Torre de Hércules, desfrutando da paisaxe atlántica e a mitoloxía que encerran as estatuas situadas nas 47 hectáreas de pulmón verde que rodean o faro. Sairase da Oficina de Información da Torre de Hércules e realizaranse paradas na escultura de Caronte, nos Menhires, no Campo da Rata e diante das obras de Hércules na nave dos argonautas, Ara Solis, do petróglifo e as de Breogán, Ara Solis, Rosa dos Ventos e Ártabros. Durará sobre hora e media.

Ruta 3: "Correndo e descubrindo desde a Torre até Riazor".

De 3,4 quilómetros, esta ruta realizarase trotando durante unha hora e media desde a Torre até o busto de Arsenio diante do Estadio Abanca Riazor con paradas no Peixe de Peteiro e o Aquarium, Domus, Fonte dos surfistas, Monumento aos heroes do Orzán, busto de Arsenio para chegar até a explanada de Riazor.

Noticias de A. G. Educación, Memoria Histórica, Innovación, Industria e Emprego

Educación, Memoria Histórica, Innovación, Industria e Emprego

Sen resultados.

Busca na nosa hemeroteca de AG...

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión