Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

1 de febreiro de 2021

Deportes retoma o programa #enliña con 33 vídeos para fomentar a práctica deportiva e evitar o sedentarismo

A concellaría subirá a diario gravacións de mantemento, ioga, pilates e de actividade física enfocada especialmente cara ás idades máis adultas

A Concellaría de Deportes retoma o programa #enliña para promover que se desenvolva actividade física durante estas primeiras semanas de febreiro, en que as instalacións deportivas municipais estarán pechadas para a práctica deportiva non federada. Na web do Concello, publicaranse cada día vídeos realizados por monitoras e monitores das escolas deportivas municipais. Todo este material estará dispoñible na canle de Vimeo, do Concello da Coruña: https://vimeo.com/concellocoruna. En total, tratarase de 33 gravacións de mantemento, ioga, pilates e de actividade física orientada especialmente ás idades máis adultas. 

O programa obtivo un gran seguimento por parte da veciñanza na súa primeira edición. Proba diso foi que os 41 vídeos que se subiron recibiron até 150.000 visitas nas primeiras dez semanas. Os titoriais axudarán a reducir o sedentarismo, fomentar a actividade física e manter activas non só as persoas usuarias das escolas municipais, senón a toda a cidadanía que así o precisar.

Noticias de A. G. Alcaldía

Alcaldía

Sen resultados.

Busca na nosa hemeroteca de AG...

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión