Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

11 de febreiro de 2020

Elas Son Artistas levará arte en igualdade a oito concellos da Coruña

A concelleira de Benestar Social, Yoya Neira, destacou na presentación da terceira edición o poder que ten o creativo para chegar a máis xente e enganchar esas nenas interesadas en acceder a escenarios artísticos e igualitarios Do 17 ao 26 de abril, a nova entrega, que homenaxeará a Aretha Franklin, incluirá exposicións, obradoiros, audiovisual e concertos como o de Agoraphobia, Freedom ou Georgina

A concelleira de Benestar Social, Yoya Neira, participou esta mañá na presentación no Teatro Colón da terceira edición de Elas Son Artistas, que terá lugar do 17 ao 26 de abril, coordinada por un equipo encabezado polo programador Tomi Legido, quen destacou os meses de traballo previos para chegar ata aquí cunha listaxe de concellos, patrocinios, colaboracións e artistas nun cartel aínda por completar. A edila agradeceulles ás persoas organizadoras  que lles permitiran colaborar no festival "en que se visibiliza a muller a través da arte", unha plataforma que chega a máis xente: "É moi fácil pasear pola cidade e ver que o Colón, o Rosalía e o Ágora se enchen e que os centros cívicos están repletos de mulleres que prestan parte do seu tempo a facer escola de empoderamento".

A concelleira sinalou que elas levan empoderándose moitos anos a través da rede de voluntariado municipal, "facendo reais esas políticas de igualdade ás que nós lles poñemos nomes e apelidos". Yoya engadiu que a iniciativa en que a concellería colabora abrangue desde as artes plásticas á literatura e a música, en distintos escenarios dos que espera que enganchen esas nenas, "porque son moitas as que con doce anos aproximadamente nos preguntan por plataformas artísticas ás que poderen acceder e nas que traballaren en materia de igualdade".

Legido recalcou que nas dúas primeiras entregas pasaron polos escenarios 144 persoas e que Elas Son Artistas nace grazas ao impulso de Yolanda Villa, xerente da sala Mardi Gras, "ela foi a que dalgún xeito nos empuxou". Canto ao nome do festival, o coordinador contou que se refire a "cada muller que temos na nosa familia e amizades. Eu sempre penso que a miña avoa era unha artista facendo o caldo, collendo o cabalo e indo desde Coirós a Betanzos o día de feira para despois alimentar a toda a familia" porque "se esta sociedade galega non tivese o matriarcado que temos, non estariamos aquí".

A programación inclúe desde unha homenaxe a Aretha Franklin, unha das primeiras feministas en chegar a número 1 nas listas de éxitos, coa proxección do documental "Amazing grace", a concertos a cargo de Freedom, Agoraphobia, Ainoa Buitrago, Lau, Lúa Mosquetera, Mourn, Silvia Penide, Eme DJ, Las Antonias, Belém Tajes, Georgina, Carmen Boza, Té Canela e Grises xunto a obradoiros como un de pintura de 7H Cooperativa, en citas que se repartirán polos concellos da Coruña, Arteixo, Bergondo, Betanzos, Cambre, Carral, Oleiros e Sada.

Sabela, de Agoraphobia, dixo que estaba encantada de formar parte do cartel porque "como artistas segue facendo falta a visualización da muller en determinados circuítos". Pola súa parte, Silvia Penide comentou que era a segunda vez que participaba despois de actuar con Feminino Plural: "Este ano estarei en Bergondo". A cantante asegurou que o que máis lle gusta destes ciclos é que "facemos moitas cousas entre nós" e que delas, saen outras iniciativas

Noticias de A. G. Economía, Facenda e Réxime interior

Economía, Facenda e Réxime interior

Sen resultados.

Busca na nosa hemeroteca de AG...

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión