Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

12 de febreiro de 2021

En 2020 o Concello destinou 4,5 millóns de euros para programas sociais

A Concellería de Benestar Social priorizou dirixir 1,2 millóns de euros á Renda Social Municipal e 503.000 euros ás prestacións de emerxencia co fin de evitar a exclusión social

A concelleira de Benestar Social, Yoya Neira, lembra os programas postos en marcha polo Concello para lles dar cobertura ás persoas máis vulnerables durante a crise da COVID-19 e que superaron en 2020 os 4,5 millóns de euros. Nesta cantidade inclúense as iniciativas, prestacións e convenios destinados a evitar a exclusión social das coruñesas e coruñeses sen recursos, a favorecer a conciliación das familias e a acompañar as persoas maiores, cuestións prioritarias para o Goberno de Inés Rey.

Segundo Neira, a Administración municipal destinou todos os seus esforzos a apoiar as persoas máis golpeadas pola crise para "non deixar a ninguén atrás". Recorda que o ano pasado foi o de maior número de concesións da Renda Social Municipal na historia da prestación. "Grazas a este traballo 202 novas familias percibiron esta prestación durante 2020", sentenciou.

En concreto, a Renda Social Municipal supuxo axudas valoradas en 1,2 millóns de euros para a cidadanía con menos ingresos e o programa de emerxencia social sumou durante estes meses un investimento de máis de 917.000 euros. A concellería destinou 300.000 euros para axudas sociais que se incluíron dentro do PRESCO e preto de 130.000 euros empregáronse nun programa de canguraxe, en que se ampliou o servizo para atender a menores confinados/as na casa por un posible contacto de coronavirus.

No acompañamento a persoas maiores, Benestar Social investiu 250.000 euros, unha partida enmarcada dentro do plan de recuperación municipal e que se completou con prestacións de emerxencia valoradas en 503.000 euros. Neste punto, púxose en funcionamento un dispositivo en Riazor para as persoas sen teito durante o primeiro estado de alarma e instalouse unha segunda casa de acollida para as vítimas de violencia de xénero. Na rúa, o labor do equipo que realiza tarefas de seguimento e apoio á veciñanza sen fogar implicou un desembolso de 224.000 euros. Ademais, asináronse acordos coas distintas entidades sociais que traballan con colectivos en risco de exclusión por un importe de 981.800 euros.

Noticias de A. G. Economía, Facenda e Réxime interior

Economía, Facenda e Réxime interior

14 resultados

ver máis

Busca na nosa hemeroteca de AG...

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión