7 de xuño de 2020
A concelleira de Medio Ambiente, Comercio e Emprego visitou esta mañá o mercado ecolóxico, que volveu ao Campo da Leña tras a suspensión ocasionada pola crise sanitaria
O concello estuda a posibilidade de que todos os domingos se realice un mercado de produtos ecolóxicos e de proximidade. Será alternando o Campo da Leña e outra zona da cidade que aínda está sen concretar. Así o anunciou esta mañá a concelleira de Medio Ambiente, Comercio e Emprego, Esther Fontán, durante a súa visita ao mercado que ten lugar desde hai anos no Campo da Leña e que volveu hoxe tras a suspensión de varios meses motivada pola pandemia da Covid-19.
A concelleira asegurou que o concello quere facilitarlle á veciñanza a compra de alimentos ecolóxicos e de proximidade: "Queremos que a alimentación de proximidade chegue a todos os fogares coruñeses". Fontán destacou a importancia deste tipo de alimentación, non só por motivos de saúde senón tamén pola necesidade de que a cidade se suba á roda da economía circular. Por iso, desde a Concellería de Comercio impulsarán novas iniciativas encamiñadas a incrementar o consumo deste tipo de alimentación.
Fontán agradeceulle ás produtoras e aos produtores que se atopaban hoxe no mercado (polo momento con menos postos debido ás medidas de seguridade e de capacidade impostas neste tipo de eventos) o seu labor durante a pandemia e lembrou que o mercado permaneceu aberto coa venda en liña e o servizo a domicilio. Unha iniciativa que serviu para fidelizar á súa clientela e non perder as súas vendas.
Agora, coincidindo coa desescalada, o obxectivo do concello e das produtoras e dos produtores é impulsar este tipo de comercio, para responder á demanda e incrementar o número de persoas consumidoras na Coruña.
Deportes
11 resultados
O 7 de abr de 2024
O concelleiro de Deportes, Manuel Vázquez, participou no acto de entrega de premios ás e aos gañadores
O 5 de mar de 2024
As persoas interesadas poden participar no conxunto das sete carreiras ou apuntarse para a XII Carreira Popular da Torre do próximo 23 de marzo
O 25 de feb de 2024
A alcaldesa, Inés Rey, presidiu a entrega de medallas aos gañadores
O 8 de feb de 2024
Jonas Vingegaard, Egan Bernal, Ethan Hayter ou Carlos Rodríguez son algúns dos deportistas de elite presentes nesta competición
O 7 de feb de 2024
O evento, que converterá a cidade no epicentro nacional deste deporte, terá lugar no Coliseum con entrada gratuíta
O 7 de feb de 2024
Terá lugar na piscina municipal de Riazor a partir das 10.00 horas
ver máis
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible