9 de xullo de 2020
A concelleira de Innovación e Industria participou esta mañá no XXI Encontro entre emprendedoras e empresarias organizado pola Fundación Mujeres.
A concelleira de Innovación, Industria e Emprego, Eva Acón, participou esta mañá de maneira telemática no XXI Encontro entre emprendedoras e empresarias organizado pola Fundación Mujeres, en que se analizaron os novos escenarios e oportunidades que se abren tras a pandemia da COVID-19. Acón, que explicou as medidas adoptadas polo concello a través do Plan de reactivación económica e social da Coruña (PRESCO), sinalou que "a crise puxo en evidencia as carencias que existen en canto ao coidado das persoas dependentes", xa que "as mulleres seguen sendo as quen asumen a responsabilidade dos seus coidados e piden reducións das súas xornadas laborais, o que afecta á súa promoción profesional e á súa vida persoal". Para a edila, é esencial que toda a sociedade sexa responsable do coidado deste colectivo e, para iso, "é necesaria a flexibilidade horaria no traballo e recuperar a negociación colectiva", dixo.
A responsable de Emprego lembroulles ás persoas participantes que desde que se decretou o estado de alarma o Goberno local traballa con diferentes entidades sociais e empresariais da cidade para atender as necesidades básicas das persoas máis vulnerables. Tamén destacou que a crise pola pandemia representa novas oportunidades laborais e que, neste sentido, o concello pretende impulsar a creación do Consello Económico e Social (cunha partida orzamentaria de 48.000 euros) como un espazo de encontro entre os axentes económicos e sociais que sirva para deseñar as grandes liñas de planificación económica e social da cidade.
Na súa intervención a concelleira explicoulles ás persoas asistentes os principais eixos do PRESCO, un plan froito do consenso entre todas as forzas políticas.
-Eixo social "Coruña Solidaria": para reforzar os programas socias e axudar á conciliación.
-Eixo Económico: axudas destinadas a autónomos, pemes, comercio, hostalaría e industria cultural.
-Eixo interno: para mellorar o funcionamento dos servizos públicos municipais.
14 resultados
O 18 de abr de 2024
A concelleira de Medio Ambiente, Noemí Díaz, fíxolle entrega das bolsas individuais, tamén dispoñibles para a súa recollida no Centro Cívico
O 16 de abr de 2024
As persoas interesadas en apuntarse a esta proba e ao conxunto do circuíto poderán facelo ata o 5 de maio
O 7 de abr de 2024
O concelleiro de Deportes, Manuel Vázquez, participou no acto de entrega de premios ás e aos gañadores
O 13 de mar de 2024
A Coruña foi a única cidade galega en crear unha oficina específica de atención ás persoas que fuxían da invasión rusa
O 5 de mar de 2024
As persoas interesadas poden participar no conxunto das sete carreiras ou apuntarse para a XII Carreira Popular da Torre do próximo 23 de marzo
O 25 de feb de 2024
A alcaldesa, Inés Rey, presidiu a entrega de medallas aos gañadores
ver máis
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible