Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

7 de setembro de 2020

Eva M. Acón: “O concello aposta polo emprendemento e a promoción das empresas cara ao exterior”

A concelleira de Innovación e Emprego, Eva Martínez Acón, presentou esta mañá un novo servizo de mentorización para empresas .

A concelleira de Innovación, Industria, Emprego e Consumo, Eva M. Acón, presentou esta mañá no Centro municipal de empresas Accede  Papagaio unha serie de actuacións encamiñadas a contribuír á promoción de empresas cara ao exterior que o concello pon en marcha xunto coa Cámara de Comercio a través dun convenio de colaboración.

Co fin de dar a coñecer as empresas da cidade, o concello, a través do Departamento de Promoción Económica e Comercio, desenvolverá distintas actividades, entre elas un servizo de asesoramento ou mentorización especializado destinado a persoas emprendedoras que recibirán apoio nas áreas de internacionalización e comercio electrónico.

A concelleira explicou que, ademais desta actividade, o convenio contribuirá á execución da realización da VII edición de Exporpymes, evento que  está levando a cabo a Cámara nos últimos ano co obxectivo principal de que as empresas amplíen a súa clientela noutros mercados e preparar, formar e informar sobre temas de internacionalización e de mercados.

Acón destacou o labor desenvolto pola concellería no ámbito do emprendemento, "sabedes que estamos apostando polo emprendemento, e por iso apoiamos iniciativas deste tipo, ademais das que xa vimos desenvolvendo nos últimos tempos", dixo. O concello, lembrou, conta con dous centros de empresas  e unha ampla oferta de talleres formativos, que debido á situación actual nesta edición vanse desenvolver en liña. E sinalou que as empresas teñen á súa disposición o equipo técnico de Promoción Económica "para todas aquelas cuestións que precisedes para avanzar no voso camiño empresarial".

Faranse, baixo o paraugas deste convenio, charlas ou talleres formativos en materia de internacionalización de negocios e comercio electrónico que se realizarán tanto no Centro Accede Papagaio como no de Agrela.

Ademais, a Cámara Oficial de Comercio desenvolverá pílulas informativas en materia de internacionalización e comercio electrónico, que incluirán información básica para coñecer e iniciarse en temas como comercio electrónico, exportacións, repercusións fiscais da exportación ou importación etc. Estas pílulas colgaranse na web municipal para achegar estes asuntos ás empresas que queiran introducirse na materia.

Noticias de A. G. Concellarías - Mandato 2019-2023

12 resultados

ver máis

Busca na nosa hemeroteca de AG...

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión