Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

9 de setembro de 2020

Fontán recibe o fillo do traballador de Cespa falecido en accidente no 2018

A concelleira de Medio Ambiente trasladará a achega do familiar en que asegura que desde entón non se melloraron as medidas de seguridade na empresa

A concelleira de Medio Ambiente, Esther Fontán, recibiu a Francisco Riveiro, fillo do traballador de Cespa que faleceu en 2018 en accidente laboral cando conducía o camión de recollida do lixo, para tomar notas da situación de inseguridade que, segundo el, segue a ter o cadro de persoal da empresa, polo que a edila lles trasladará a súa achega ás persoas responsables.

O familiar demanda que a raíz do que lle aconteceu ao seu pai, se extremen os controis nos camións para que se garanta a seguridade das e dos empregados canto a cuestións como o uso do cinto e a revisión continua do estado dos vehículos. Ao seu xuízo, non se implementaron melloras desde entón, polo que desde o Goberno local se pedirá máis vixilancia: "As nosas portas sempre estarán abertas para escoitar as propostas que melloren as condicións laborais das e dos traballadores".

Noticias de A. G. Deportes

Deportes

10 resultados

ver máis

Busca na nosa hemeroteca de AG...

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión