Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".
30 de outubro de 2020
En outubro de 2020, o CEIP Wenceslao Fernández Flórez da Coruña iniciou as súas actividades pedagóxicas arredor dos hortos urbanos.
En outubro de 2020, o CEIP Wenceslao Fernández Flórez da Coruña iniciou as súas actividades pedagóxicas arredor dos hortos urbanos.
O proxecto educativo nos hortos constitúe unha grande experiencia para que as nenas e os nenos aprendan, de forma creativa e entretida, as diferentes etapas dos cultivos e asuman responsabilidades e pequenas tarefas. No momento da colleita, estas actividades contribúen a que as/os nenas/os se sintan moi orgullosas/os dos seus resultados.
Á súa vez, o traballo con nenas e nenos nos hortos permite sensibilizalos sobre a importancia de coidar o medio e de ser sustentable desde un punto de vista alimentario, e promover o consumo de produtos de tempada e proximidade.
Medio ambiente e Sostenibilidade
24 resultados
O 16 de xan de 2021
Busca a complicidade da mocidade cun vídeo en Tik Tok e chega ao resto da poboación a través dunha mostra no Obelisco
O 3 de xan de 2021
A concelleira de Medio Ambiente e Sustentabilidade, Esther Fontán, asegura que “o bo funcionamento das colonias e o control das mesmas é prioritario para a concellería, e o traballo destas asociacións é fundamental nesta tarefa”
O 2 de xan de 2021
A concelleira de Medio Ambiente, Esther Fontán, apuntou que “durante este último trimestre tamén se colocaron novos contedores de aceite e nos próximos meses seguiremos instalando máis, procurando que en todos os barrios teñan algún preto e que ademais formen parte das novas illas de contedores de monomateriales como son o vidro, cartón, roupa ou pilas”
O 30 de dec de 2020
Desde a concellería recordan que, por mor dos fortes ventos, o servizo non pode usar os guindastres
O 28 de dec de 2020
A alcaldesa, Inés Rey, e o ministro de Axenda Urbana, José Luis Ábalos, asinaron esta mañá en Madrid un protocolo para aseguraren que a aplicación das premisas marcadas neste plan sexan efectivas O Goberno local deseñará un plan de acción de medidas que servirá de modelo para outros municipios de características similares
O 21 de dec de 2020
O uso por parte destes colectivos de máis de 160 m² para a agricultura ecolóxica e tradicional terá fins sociais, educativos, ambientais, participativos e integradores
ver máis
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible