Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

22 de abril de 2021

Inés Rey: “a Convention Bureau é un dos eixes deste goberno para que A Coruña recupere o impulso económico que perdeu nos últimos anos”

A alcaldesa sinalou que a nova entidade nace da man do sector privado e que conta co apoio do sector público e evidenciou que na Coruña imos todas e todos a unha e estamos unidas/os de cara a lograrmos o mellor para a cidade. O Consorcio de Turismo ten previsto realizar este ano 12 eventos que suporán a presenza na cidade de máis de 6.000 persoas e un impacto económico directo de 3 millóns de euros.

A alcaldesa, Inés Rey, xunto ao concelleiro de Turismo, Juan Ignacio Borrego, e ao presidente da Coruña Convention Bureau, José Blanco Castiñeiras, presentou esta mañá en María Pita o novo organismo. Trátase dunha entidade que nace do impulso das empresas do sector turístico da cidade e do Consorcio de Turismo co obxectivo de reforzar a promoción da cidade como destino de turismo de congresos, grandes eventos, certames deportivos e reunións profesionais, o denominado Turismo MICE.

A alcaldesa lembrou que este proxecto forma parte dos obxectivos marcados polo Goberno local para que a cidade recupere o impulso económico e social que perdeu nos últimos anos. "A Coruña debe recuperar o músculo, o motor, o orgullo de cidade, o seu liderado; temos que volver a situar a Coruña no mapa, atraer investimentos e mellorar infraestruturas; e creo que en vinte meses estamos revertendo unha situación que vén de anos atrás. Non está sendo sinxelo pero estamos traballado moi duro niso". Proba diso, explicou, é que nos últimos meses déuselle luz verde á construción dun novo hospital e desbloqueouse unha infraestrutura esencial como a estación Intermodal. Por último, despois de 17 anos de parálise administrativa e falta de diálogo, contamos cun proxecto de futuro para o porto e a cidade, coa inminente licitación do tren a Lagosteira: "creo que son pasos necesarios que van na liña da recuperación económica, da recuperación social e da recuperación da cidade como referente, e do sentimento das coruñesas e dos coruñeses para que así sexa".

A alcaldesa sinalou que o turismo MICE é un sector estratéxico que vai xogar un papel clave nos próximos anos na recuperación do sector turístico e no desenvolvemento económico e social da nosa cidade. Neste sentido, o Consorcio de Turismo ten previsto realizar este ano 12 eventos que suporán a presenza na cidade de máis de 6.000 persoas.

Durante a presentación, a alcaldesa destacou que A Coruña ten moitas potencialidades que debe pór en valor para lograr dicirlle ao mundo que somos unha cidade en que confiar e onde se poden ofrecer todos os recursos necesarios para lograr un evento único e diferente. "Grazas á Coruña Convention Bureau, sinalou, a nosa cidade estará máis cerca de lograr ser un referente no Turismo MICE. Ademais, facémolo mediante un organismo que nace do sector privado e que conta co apoio do sector público, feito que evidencia que na nosa cidade imos todos a unha e estamos unidas/os de cara a conseguirmos o mellor para ela", dixo.

A alcaldesa apuntou que, aínda que o impulso ao turismo congresual e de eventos xa era un obxectivo que estableceramos moito antes, os últimos meses evidenciaron que era necesario acelerar tendencias que estaban aí, como a gobernanza, o diálogo público-privado e a execución real de accións como botar a andar esta entidade.

Rey agradeceulle ao sector privado que forma parte do ACCB o traballo, o tempo que investiu e a ilusión con que afronta este reto. "Estou convencida de que temos un dos sectores turísticos máis profesionais de Galicia e que grazas ao voso bo facer, e coa colaboración incondicional do Consorcio de Turismo, situaredes a cidade dentro do modelo de turismo de calidade, sustentable e responsable que procuramos".

Por último, a alcaldesa apuntou que o novo organismo pode contar co Concello para lle dar un maior impulso á súa finalidade principal, que é lograr que a cidade da Coruña sexa un referente, como xa o é en moitos outros aspectos do Turismo MICE. Búscase aumentar a cota de mercado desta disciplina turística na cidade e incrementar a posición acadada até agora no ránking dun turismo sustentable e especializado.

Esta posición foi reforzada polo presidente do Consorcio de Turismo, Juan Ignacio Borrego, quen lles agradeceu ás entidades que forman parte da nova entidade o labor que desenvolveron durante estes meses e lembroulles que a posta en marcha desta ferramenta foi sempre unha das prioridades da alcaldesa. Borrego destacou a profesionalidade dun sector "que está unido e que ten un obxectivo común de cidade e que con Convention Bureau vai pór A Coruña no mapa do sector turístico de calidade".

Esta nova organización estará presidida por José Blanco Castiñeiras, director do Hotel Plaza e Hotel Avenida, que destacou "a vontade de traballo da iniciativa pública e privada relacionadas co fomento, atracción e organización do turismo de reunións na Coruña en torno a unha visión estratéxica común". 

A entidade terá a súa sede en Palexco. Os representantes das entidades que integran o organismo:

 -Richard Huerta (Presidente de Hospeco)

-José Blanco (Representante de Hospeco na Convention Bureau e Presidente del CB)

- Pablo Zunzunegui (Director de DMC Galicia e secretario da Convention Bureau)

- Juana Abellaneda (Xerente de Palexco e tesoreira del CB)

- Paloma Orjales (Directora de Orzan Congress e vogal da CB)- Marta Guimaraens (Drectora de Océano Azul e vogal da CB)

- Pilar Lopez Cordal (Directora de Expocoruña e vogal da CB)

- Juan Borrego (vicepresidente) / Lanzada Calatayud. Consorcio de Turismo

Noticias de A. G. Alcaldía

Alcaldía

94 resultados

ver máis

Busca na nosa hemeroteca de AG...

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión