Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

26 de febreiro de 2021

Inés Rey: “A recuperación dos Xardíns de Méndez Núñez é posible porque erradicamos o botellón”

A recuperación das roseiras, do calendario floral, a do reloxo, a do céspede, a poda dos magnolios, e a renovación da zona da estatua de John Lennon cunha guitarra floral son as primeiras actuacións desta intervención integral e de renovación deste espazo senlleiro A concelleira de Medio Ambiente, Esther Fontán, supervisou esta mañá os traballos de recuperación da zona das roseiras, onde se está a sementar un novo céspede

A alcaldesa, Inés Rey, anunciou hoxe o inicio dos traballos do proxecto global de rehabilitación dos Xardíns de Méndez Núñez, un proxecto "que se pode facer grazas a que esta zona se declarou de especial protección e se erradicou o botellón; doutra forma non sería posible". A recuperación das roseiras, do calendario floral, a do reloxo, a do céspede, a poda dos magnolios, e a renovación da zona da estatua de John Lennon cunha guitarra floral son as primeiras actuacións desta intervención xeral nun dos espazos verdes máis importantes e senlleiros da cidade.

Desde a declaración dos Xardíns como Zona de Especial Protección en xaneiro de 2020 e a erradicación do botellón, o Concello, explicou a rexedora, esperou un tempo prudencial para que a zona se sanease e "agora iremos actuando en diferentes etapas, renovando as diferentes zonas dos xardíns co obxectivo de que recuperen a súa imaxe".

Sinalou que esta semana se iniciou un traballo de recuperación das roseiras, que  forman parte desta actuación global nos Xardíns de Méndez Núñez que tratará de recuperar o seu deseño histórico e de poñer en valor os seus puntos máis singulares: reloxo, calendario floral, árbores senlleiras... Nestes días, estase a substituír unha primeira capa de terra, regularase o firme e sementarase de novo céspede. Reordenaranse os exemplares vivos e renovarase a colección de roseiras, co fin de tratar de recuperar o seu deseño orixinal, para o que se restaurarán as arcadas metálicas, que se cubrirán con grandes exemplares. Esta actuación rematará nuns vinte días e a continuación recuperaranse os macizos de plantas de temporada que no deseño orixinal se situaban diante do Quiosco Afonso e do estanque de Concepción Arenal.

A alcaldesa destacou que a rehabilitación respectará a configuración e o deseño histórico dos Xardíns do recheo tal e como os coñece a veciñanza. "Somos conscientes da importancia deste espazo emblemático e do orgullo e o afecto que as coruñesas e os coruñeses senten polos seus Xardíns e non queremos facer nada que poida romper esa estética, senón mellorala", explicou a rexedora, que lembrou os anos de abandono e de deterioración a causa do botellón.

A concelleira de Medio Ambiente, Esther Fontán, que esta mañá supervisou os traballos,  explicou que xa se renovou toda a zona do calendario floral, a do reloxo e a do céspede, que xa medra nas zonas onde lle dá o sol.

O seguinte paso, dixo, será rehabilitar as zonas de sombra. Ademais, podáronse os magnolios para que poida entrar máis luz e sexa posible ver o interior dos Xardíns. Tamén se renovou a zona da estatua de John Lennon cunha guitarra floral que está perfilada por Carex, as cordas por coles ornamentais e o interior por primaveras de diferentes cores, que se irán repoñendo con distintas plantas de temporada. Está previsto levar a cabo melloras no mobiliario, a recuperación da contorna onde está situada a estatua da escritora Emilia Pardo Bazán e a instalación de carteis informativos. A longo prazo, proxéctase a unión dos dous xardíns. A dita actuación desenvolverase en colaboración coa Concellaría de Mobilidade, unha vez que se traslade a parada de buses de Entrexardíns.

Fontán lembrou que a actuación responde a un compromiso do Goberno local de Inés Rey para pór en valor estes xardíns históricos onde se combinará a tradición coa modernidade: "Queremos que a veciñanza recupere os seus Xardíns, buscamos o reencontro da cidadanía coa súa historia a través dos Xardíns".

Noticias de A. G. Alcaldía

Alcaldía

Sen resultados.

Busca na nosa hemeroteca de AG...

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión