11 de septiembre de 2020
A alcaldesa esixiulle ao Goberno autonómico que lle transfira aos concellos os fondos que o Estado lle entregou para facer fronte os gastos educativos derivados da Covid 19 e “deixe de asfixiar ás administracións locais”
.- A alcaldesa, Inés Rey, volveu a denunciar esta mañá a improvisación da Xunta á hora de preparar a volta ás aulas nos centros públicos de toda Galicia. "Despois de cinco meses, a Xunta tería que ter previsto un protocolo de retorno ás aulas tanto nos colexios de Primaria como nos institutos que lles dea tranquilidade e certezas as familias e ao persoal docente e que sirva para garantir a seguridade da comunidade educativa", sinalou a rexedora, para quen o Goberno de Feijoo está "deixando que todo o peso da volta ás aulas recaia sobre os concellos".
Ademais, esixiulle ao novo conselleiro de Educación que lle transfira aos concellos os fondos que a Xunta recibiu do Estado para cubrir os gastos educativos derivados da COVID e podermos asumir deste xeito esas competencias que non son dos concellos. "Se queren que desinfectemos os centros que nos dean os medios e os fondos necesarios para poder realizar os labores de desinfección que están obrigados a realizar eles", dixo.
Tamén lembrou que, a pesar de non ter competencias en materia educativa, o Goberno local está a traballar cos centros na organización das entradas e saídas dos colexios, executando obras para habilitar máis accesos e cedendo espazos públicos para garantir as distancias esixidas pola administración autonómica. "Démoslles aos colexios solucións que non lles deu a Xunta que é quen ten competencias en Educación, pero o Concello non deixará de lado aos centros, as familias e as e os docentes, polo que asumiremos competencias que non son nosas".
O Goberno local, explicou a alcaldesa, irá desenvolvendo distintas actuacións para garantir os protocolos da Xunta. Ata o de agora o Concello puxo a disposición de centros Eusebio da Guarda espazos públicos co fin de que as nenas e nenos dispoñan dun maior perímetro para o lecer e ofreceulle á Xunta espazo no centro Ágora para que o IES Agra do Orzán poida contar con máis aulas e garantir as medidas de seguridade.
12 resultados
El 13 de mar de 2024
A Coruña foi a única cidade galega en crear unha oficina específica de atención ás persoas que fuxían da invasión rusa
El 5 de mar de 2024
As persoas interesadas poden participar no conxunto das sete carreiras ou apuntarse para a XII Carreira Popular da Torre do próximo 23 de marzo
El 25 de feb de 2024
A alcaldesa, Inés Rey, presidiu a entrega de medallas aos gañadores
El 19 de feb de 2024
A concelleira de Atención Cidadá e Seguridade, Montserrat Paz, recibiu ao vehículo que permite o seu uso asistencial ou medicalizado
El 8 de feb de 2024
Jonas Vingegaard, Egan Bernal, Ethan Hayter ou Carlos Rodríguez son algúns dos deportistas de elite presentes nesta competición
El 7 de feb de 2024
O evento, que converterá a cidade no epicentro nacional deste deporte, terá lugar no Coliseum con entrada gratuíta
ver más
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible