Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

11 de setembro de 2020

Inés Rey: “A Xunta está deixando que todo o peso da volta ás aulas recaia sobre os concellos”

A alcaldesa esixiulle ao Goberno autonómico que lle transfira aos concellos os fondos que o Estado lle entregou para facer fronte os gastos educativos derivados da Covid 19 e “deixe de asfixiar ás administracións locais”

.- A alcaldesa, Inés Rey, volveu a denunciar esta mañá a improvisación da Xunta á hora de preparar a volta ás aulas nos centros públicos de toda Galicia. "Despois de cinco meses, a Xunta tería que ter previsto un protocolo de retorno ás aulas tanto nos colexios de Primaria como nos institutos que lles dea tranquilidade e certezas as familias e ao persoal docente e que sirva para garantir a seguridade da comunidade educativa", sinalou a rexedora, para quen o Goberno de Feijoo está "deixando que todo o peso da volta ás aulas recaia sobre os concellos".

Ademais, esixiulle ao novo conselleiro de Educación que lle transfira aos concellos os fondos que a Xunta recibiu do Estado para cubrir os gastos educativos derivados da COVID e podermos asumir deste xeito esas competencias que non son dos concellos.  "Se queren que desinfectemos os centros que nos dean os medios e os fondos necesarios para poder realizar os labores de desinfección que están obrigados a realizar eles", dixo.

Tamén lembrou que, a pesar de non ter competencias en materia educativa, o Goberno local está a traballar cos centros na organización das entradas e saídas dos colexios, executando obras para habilitar máis accesos e cedendo espazos públicos para garantir as distancias esixidas pola administración autonómica. "Démoslles aos colexios solucións que non lles deu a Xunta que é quen ten competencias en Educación, pero o Concello non deixará de lado aos centros, as familias e as e os docentes, polo que asumiremos competencias que non son nosas".

O Goberno local, explicou a alcaldesa, irá desenvolvendo distintas actuacións para garantir os protocolos da Xunta. Ata o de agora o Concello puxo a disposición de centros Eusebio da Guarda espazos públicos co fin de que as nenas e nenos dispoñan dun maior perímetro para o lecer e ofreceulle á Xunta espazo no centro Ágora para que o IES Agra do Orzán poida contar con máis aulas e garantir as medidas de seguridade.

Noticias de A. G. Alcaldía

Alcaldía

Sen resultados.

Busca na nosa hemeroteca de AG...

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión