Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

25 de setembro de 2020

Inés Rey agradécelle ao Deportivo Liceo o seu compromiso coa cidade

O club obsequiou a alcaldesa cun carné de socia, que a rexedora valorou “todo un detalle, faime moita ilusión recibir este carné porque ademais o número de socia é moi simbólico, o 15006, a data da miña toma de posesión, o 15 de xuño”

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, e a concelleira de Deportes, Mónica Martínez, asistiron hoxe ao adestramento previo ao comezo da tempada do Deportivo Liceo, que comeza mañá, no Pazo dos Deportes de Riazor. Rey agradeceu o papel do Liceo como un dos mellores embaixadores da cidade: "O Liceo leva o nome da nosa cidade con orgullo por todo o mundo e é unha das marcas de identidade da Coruña".

O club, que volve ser o único equipo de fóra de Cataluña que disputará a OK Liga, obsequiou a alcaldesa cun carné de socia do Deportivo Liceo. Rey valorou este agasallo como "todo un detalle, faime moita ilusión recibir este carné porque ademais o número de socia é moi simbólico, o 15006, a data da miña toma de posesión, o 15 de xuño".

O Goberno local O Goberno local agradeceulle ao Deportivo Liceo o seu compromiso coa cidade.

Noticias de A. G. Economía, Facenda e Réxime interior

Economía, Facenda e Réxime interior

Sen resultados.

Busca na nosa hemeroteca de AG...

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión