Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

16 de setembro de 2020

Inés Rey aposta pola primeira ordenanza de mobilidade

O concello pon hoxe a exposición pública a primeira normativa municipal neste ámbito

A alcaldesa, Inés Rey, xunto co concelleiro de Mobilidade, Juan Díaz Villoslada, ca edila de Deportes, Mónica Martínez e as voceiras do resto de forzas políticas, abriu hoxe a Semana Europea da Mobilidade en que anunciou que o concello porá hoxe a consulta pública a primeira ordenanza de mobilidade da historia da cidade. A alcaldesa destacou que a mobilidade sustentable "é un eixe do proxecto de cidade que queremos desenvolver nos próximos anos".

O concello, sinalou Rey, está a traballar por unha mobilidade sustentable, por unha mobilidade vinculada aos novos espazos abertos que favorecen o encontro e a convivencia, por unha Coruña 30, máis limpa e con menos emisións. que minora a velocidade a 30 quilómetros por hora en todas as vías, agás aquelas que teñen máis dun carril, para construír "unha cidade máis segura para a veciñanza, reducindo a contaminación, mellorando a saúde pública e a calidade ambiental".

Isto, apuntou, fai necesaria unha nova ordenanza que refunda os documentos xa existentes respecto á mobilidade. O texto estará dous meses a exposición pública co compromiso do Goberno municipal de ter dispoñible un borrador do texto para o seu debate no pleno e, así no 2021 A Coruña dispoña dunha nova Ordenanza de Mobilidade.

Neste senso, Villoslada subliñou que a aposta do Concello e de toda a Corporación municipal, coa declaración do pasado 3 do outubro por unha mobilidade sostible na Coruña, reflicte o compromiso por traballar nunha cidade máis amable, máis sostible e máis saudable. E agradeceulles a todos os sectores implicados na mobilidade da cidade os seus esforzos por implantar as novas políticas de mobilidade deseñadas na Mesa da Mobilidade e que se estruturan na saúde pública, a recuperación de espazos, a seguridade viaria e a mellora de medio ambiente coa redución de emisións de CO2.

O Concello busca, apuntou Rey, cambiar os modelos da circulación das últimas décadas para darlles prioridade aos vehículos brandos, o transporte público a as peoas e aos peóns fronte aos coches. Por iso, insistiu na necesidade  de que toda a sociedade se implique no desenvolvemento da nova mobilidade.

Canto á campaña da Semana de Mobilidade Urbana  que está a realizar o Concello, o edil de Mobilidade lembrou que está baseada na procura non só da mellora de espazos públicos senón tamén da mellora da saúde pública e da calidade ambiental. "Estamos ante unha crise climática e temos que contribuír entre todos a minorar as emisións de CO2 e deixarlles ás xeracións futuras unha cidade máis amable e máis vivible", dixo.

Actividades da Semana da Mobilidade 

Entre as actividades previstas destaca a presentación do proxecto de peoanlización da rúa Alcalde Marchesi e o Día sen coches que se realizará o día 22, de 15.30 a 21.00 horas na rúa Santo André, onde as e os comerciantes terán a oportunidade de instalar stands co obxectivo de impulsar o pequeno comercio. Ademais, o director da DGT, Pere Navarro, inaugurará o luns, ás 17.00 horas, un foro da Mesa pola Mobilidade Sustentable que, baixo o título "La movilidad que necesitamos", se realizará nos Cantóns. Ese mesmo día, a asociación Stop Accidentes presentará na Estación de Autobuses a mostra "No atravieses tu vida".

Noticias de A. G. Alcaldía

Alcaldía

Sen resultados.

Busca na nosa hemeroteca de AG...

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión