Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

22 de febreiro de 2021

Inés Rey celebra a decisión por parte da xustiza de avalar a baixada de tarifas do transporte urbano

Considera que o veredicto é positivo para os intereses municipais, pero asúmeo con cautela posto que “a sentenza aínda non é firme” A alcaldesa sempre avogou por reducir as tarifas do transporte urbano cando se resolvese o veredicto xudicial, de feito durante o pasado ano non se puideron negociar estas baixadas coa Compañía de Tranvías porque existía un proceso que impedía tomar este tipo de decisións

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, asegurou hoxe tras coñecer o veredicto do Xulgado Contencioso Administrativo número 4 da Coruña respecto da baixada de tarifas no trasporte urbano -que ocasionou un recurso contencioso pola Compañía de Tranvías- que "a sentenza é positiva para os intereses municipais, aínda que debemos ser cautos posto que aínda non é firme".

A alcaldesa sempre avogou por reducir as tarifas do transporte urbano cando se resolvese o veredicto xudicial, de feito, durante o pasado ano non se puideron negociar estas baixadas, aínda que se conxelou esta redución, coa Compañía de Tranvías porque existía un proceso que impedía tomar este tipo de decisións. "Sempre defendín estudar as posibles baixadas das tarifas para mellorar o transporte público, iso si, sempre desde o diálogo coa concesionaria, posto que facelo de forma unilateral pode chegar a paralizar novas melloras no servizo e xera incerteza para as arcas municipais", apuntou.

Destaca que desde que chegou ao Goberno sempre avogou por manter un diálogo constante coa empresa adxudicataria do servizo para evitar que este tipo de decisións se xudicialicen e poidan volverse en contra dos intereses municipais, como a recente sentenza do Tribunal de Xustiza da Unión Europea que lle deu a razón á Compañía de Tranvías sobre a data de finalización da concesión que ostenta do transporte público da Coruña. Os tribunais admitiron que remata en 2024 e non en 2016, tal e como defendía o Goberno anterior.

Noticias de A. G. Igualdade, Benestar social e Participación

Igualdade, Benestar social e Participación

18 resultados

ver máis

Busca na nosa hemeroteca de AG...

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión