Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

8 de abril de 2020

Inés Rey coordina o operativo para os vindeiros días con Benestar Social e os corpos de seguridade locais

A alcaldesa reuniuse esta mañá coas e cos responsables da Policía Local, Protección Civil e mais de Bombeiros para revisar as accións que se desenvolverán na próxima semana de cara a melloralas e darlles unha mellor cobertura ás necesidades da cidadanía Os axentes municipais intensificarán hoxe os controis na saída da cidade para evitaren os desprazamentos inxustificados das e dos coruñeses durante a Semana Santa

A alcaldesa, Inés Rey, planificou esta mañá xunto coa concelleira de Benestar Social, Yoya Neira, a coordinación para as próximas semanas dos distintos corpos de seguridade locais co fin de conseguir unha maior eficiencia nos seus traballos e darlles así unha mellor cobertura ás necesidades da cidadanía neste confinamento.

A rexedora estableceu o operativo da Policía Local no cuartel de Orillamar, así como os de Protección Civil e de Bombeiros nas súas respectivas bases para revisar punto por punto a forma en que se están resolvendo as situacións derivadas da crise e como se poden acadar resultados máis óptimos.

Deste xeito, recolleu as propostas dos colectivos que están na rúa e aos que lles agradeceu o inmenso esforzo que están a realizar a diario para que a cidade estea controlada. Neste aspecto, explicoulles ás e aos profesionais os obxectivos para os próximos días de cara a manter esa seguridade. Ademais, o operativo inclúe a repartición de novos equipos de protección para as persoas que máis expostas están ao virus neste confinamento.

Por outra banda, a Policía Local intensificará durante a xornada de hoxe os controis na saída da cidade para evitar que a cidadanía incumpra a normativa decretada polo Estado e non acuda a segundas residencias durante o período da Semana Santa.

Noticias de A. G. Igualdade, Benestar social e Participación

Igualdade, Benestar social e Participación

1 resultados

Busca na nosa hemeroteca de AG...

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión