Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

25 de febreiro de 2020

Inés Rey descobre unha placa en homenaxe a Fernando Amaro, “a alma do Entroido coruñés”

Familiares, persoas integrantes da Comparsa Monte Alto a 100 e a veciñanza do barrio lembraron o seu traballo para impulsar as festas do Entroido na cidade

A alcaldesa, Inés Rey, descubriu esta mañá unha placa en homenaxe a Fernando Amaro Barreiro, Cantero, traballador municipal e alma do Entroido coruñés na que se pode ler «En homenaxe a Fernando Amaro Barreiro, Cantero, porque sempre haberá festa onde el estea e puxo Monte Alto a 100!».

Colocada na fachada da casa no número 41 da rúa Areal de Monte Alto, onde Cantero viviu parte da súa vida, o concello pretende con esta placa recordar a súa figura como incansable traballador e coordinador desde o IMCE de todos os eventos culturais e festivos que se realizaban na cidade, en especial do Entroido, a súa festa favorita e na que se afanaba para que todo saíse á perfección. "Amaro axudaba sen pedir nada a cambio", lembrou a alcaldesa durante o acto.

Acompañada pola concelleira de Festas, Diana Cabana, o edil de Cultura, Jesús Celemín, o de Deportes, Juan Ignacio Borrego, outros membros da Corporación, dos familiares do homenaxeado, e dos membros da asociación Airiños da Torre, da comparsa Monte Alto a 100, que Cantero presidóa e dos veciños e das veciñas de Monte Alto, a alcaldesa, destacou "a súa alma de choqueiro, o seu carácter festivo, o seu don de xentes, sempre dispoñible se o necesitabas, quedamos coxos sen el".

Inés Rey sinalou que, neste día,  Cantero non querería tristezas, "escollería unha canción, un himno coñecido por todos e todas para que ninguén quedase atrás e abriría o desfile pola Torre".

"Aínda nos queda a tarde máis choqueira pola que Cantero deu tanto a cambio de tan pouco; así que: Viva o Entroido!", finalizou a rexedora.

Durante o acto, a coral Airiños da Terra interpretou dous temas: Fisterra e Popurrí de Camariñas, onde interviñeron todos os membros das comparsas presentes no que foi un acto moi emotivo para todas as persoas presentes do barrio de Monte Alto.

Noticias de A. G. Relacións institucionais, Turismo e Seguridade Ciudadá

Relacións institucionais, Turismo e Seguridade Ciudadá

1 resultados

Busca na nosa hemeroteca de AG...

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión