Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

17 de decembro de 2020

Inés Rey destaca as achegas do alumnado para que as contornas escolares sexan máis seguras e accesibles

A alcaldesa presidiu esta tarde en María Pita a entrega de premios da VI edición do certame escolar “Agora imos camiñando ao colexio”, organizado por Stop Accidentes

A alcaldesa, Inés Rey, acompañada dos concelleiros de Urbanismo e de Educación, Juan Díaz Villoslada e Jesús Celemín, e da delegada de Stop Accidentes en Galicia, Jeanne Picard, presidiu esta tarde no salón de plenos de María Pita a entrega de premios da VI edición do concurso escolar "Agora imos camiñando ao cole", organizado por Stop Accidentes e a Fundación Mapfre, que forma parte do programa de camiños escolares seguros ANCAS, en que o concello colabora con Stop Accidentes.

Durante o acto, as nenas e menos explicaron os seus debuxos e cartas e sorteáronse dúas bicicletas. Cos 16 traballos premiados, realizouse un calendario 2021 das ANCAS, que a fundación Stop Accidentes lle entregará ao alumnado que participou no certame.

A alcaldesa felicitou a todas as persoas participantes "polas vosas achegas e propostas". O concello, dixo, comparte a filosofía de Stop Accidentes co propósito de construír unha cidade para as nenas e os nenos, unha cidade máis segura e sustentable. "Se somos capaces de construírmos unha cidade coa mirada das nenas e nenos, seguro que será a cidade que queremos", dixo.

Inés Rey explicoulle á rapazada premiada que o concello deseña unha contorna urbana "pensando nas vosas necesidades". O noso plan, apuntou, debuxa, coma vós, unha cidade con menos coches, con máis sitios para xogar e máis zonas verdes, "porque A Coruña camiña e aposta por unha mobilidade sustentable". Queremos, explicou, que os arredores dos vosos colexios sexan seguros e accesibles para a rapazada e estamos traballando niso. De feito, o concello está a realizar melloras nos seguintes colexios: CEIP Emilia Pardo Bazán, CEIP Juan Fernández Latorre, CEIP Sal Lence, CEIP Zalaeta e na praza da avenida da Concordia na contorna do CEIP Plurilingüe Anxo da Garda.

Pola súa parte, Jeanne Picard agradeceulle ao concello o seu labor e destacou os proxectos que o Goberno local está a levar a cabo en distintos colexios da cidade para lograr que os desprazamentos do alumnado sexan máis seguros. "Unha cidade segura para as nenas e nenos é unha cidade segura para todas e todos", rematou.

A pesar da situación actual, Stop Accidentes logrou realizar obradoiros durante o curso escolar 2019-2020 en 16 colexios, algúns presenciais (con protocolo COVID) e outros de maneira virtual, co fin de seguir impulsando o camiño escolar seguro ANCAS. O proxecto desenvólvese en colaboración co concello, a comunidade escolar, a veciñanza e comerciantes do barrio. É un proxecto de participación cidadá para mellorar a convivencia e impulsar hábitos máis saudables en beneficio dunha mobilidade segura e sustentable na cidade da Coruña. Na actualidade, participan 17 colexios da Coruña, que contan cada un co seu mapa de percorridos con 5 rutas sinalizadas nas rúas co logo da ra de ANCAS.

Noticias de A. G. Deportes

Deportes

11 resultados

ver máis

Busca na nosa hemeroteca de AG...

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión