Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

5 de agosto de 2020

Inés Rey: “Esta cidade se algo ten é dignidade e unión na defensa dos seus intereses sobre todo nunha afrenta como esta”

A alcaldesa cualifica de “vergoñenta e inaudita” a actuación co capitán do Depor, Álex Bergantiños, e amósalle todo o seu apoio

A alcaldesa, Inés Rey,  cualificou de "inaudita e vergoñenta"  a situación de hoxe respecto ao capitán do R.C. Deportivo, Álex Bergantiños, que  prestou declaración en Lonzas polo audio que o xogador branquiazul enviou ao resto dos seus compañeiros sobre o partido que o seu equipo xogará este venres co Fuenlabrada.

En primeiro lugar a alcaldesa quixo manifestar todo "o apoio, animo, agarimo e recoñecemento do Goberno local ao xogador, un exemplo de integridade persoal e de bo facer deportivo"  e engadiu que "oxalá moitas persoas do ámbito deportivo tivesen a  décima parte da honestidade e de integridade que o capitán deportivista".

En segundo lugar, a rexedora mostrou a súa incredulidade ante o feito de prestar declaración do deportivista por un audio que "non ten, en ningún caso, ningunha relevancia penal, senón que constata unha realidade". "Mentres que as persoas que puxeron en risco a todo un equipo de fútbol, a toda unha cidade, imcumpriendo de maneira deliberada os protocolos sanitarios e que asumiron persoalmente a  responsabilidade de que se realizou esa viaxe nesas condicións non lles estea pasando nada".

Para a rexedora, a persoa que tería que estar a declarar en Lonzas desde logo "non é Álex Bergantiños, senón a que ten a responsabilidade de poñer en risco ao equipo e á cidade ao saltarse todos os protocolos sanitarios".

"E dígolle máis, esta  cidade se algo ten é  dignidade e unión na defensa dos  seus intereses, sobre todo, nunha afrenta como esta" e subliñou que o  Concello non se deterá ata que se depuren todas as responsabilidades do infausto viaxe do Fuenlabrada á cidade", e que o feito de que o capitán se atopase en Lonzas declarando é "unha volta de torca daqueles que seguen pensando que están por encima da lei, que están por riba do ben e do mal e que cren que poden utilizaren todos os mecanismos ao seu alcance para retorceren a realidade e para subtraerse das súas  responsabilidades e utilizar o seu antollo os mecanismos para evitaren responder ante os feitos".

"Polo tanto, mentres eu estea aquí este Goberno fará todo o posible para que se depuren estas responsabilidade e  reitero o meu apoio o capitán, a toda plantilla e ás/ aos afeccionados, que xa está ben".

Noticias de A. G. Deportes

Deportes

10 resultados

ver máis

Busca na nosa hemeroteca de AG...

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión