Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

5 de abril de 2021

Inés Rey: “Mañá será un día importante para o deporte coruñés”

O Pazo dos Deportes de Riazor acollerá este martes a sesión constitutiva do Consello Municipal do Deporte da Cidade da Coruña, un órgano consultivo e de participación do mundo do deporte herculino que establecerá as súas bases de aquí en diante

"Mañá será un día importante para o deporte coruñés, agardamos que o consello se converta nunha ferramenta para establecer as bases do noso deporte de aquí en diante", sinalou a alcaldesa, Inés Rey, referíndose ao novo Consello Municipal do Deporte da Cidade da Coruña, que mañá se constituirá por primeira vez na historia. O Pazo dos Deportes de Riazor acollerá mañá a sesión constitutiva do Consello Municipal do Deporte da Cidade da Coruña, un órgano consultivo e de participación do mundo do deporte herculino. Rey lembrou que, desde o inicio da súa lexislatura, "a creación deste consello foi para nós unha prioridade" e considerou "imprescindible" a constitución deste instrumento que potenciará a promoción do deporte e a actividade física na cidade.

O novo consello estará integrado por representantes da decena de entidades sociais ou de carácter asistencial que teñen por obxecto primordial a práctica continuada dunha ou varias modalidades deportivas dentro dos seus programas de terapia, fomento da vida saudable, inclusión, normalización social e igualdade. Ademais, formarán parte persoas representantes de organismos e institucións públicas, da Unión de Federacións Deportivas Galegas, da Federación das ANPA da cidade e do Colexio Oficial de Licenciados en Educación Física de Galicia. O órgano tamén contará cos grupos municipais do Pleno do Concello da Coruña, estará presidido pola alcaldesa da cidade, Inés Rey, e vicepresidido pola edil de Deportes, Mónica Martínez.

Martínez apuntou que "a partir de mañá porase a funcionar a maquinaria coa seguridade de que entre todas e todos podemos construír o que realmente necesitamos: un espazo para debater, estudar, propoñer e traballar para mellorar". A concelleira indicou que "o consello será o que queira que sexa o deporte coruñés" porque, asegurou, "será o deporte herculino o que marque as liñas de traballo".

Tras a constitución formal do Pleno do CMD, informarase as persoas presentes do período electoral que se abrirá inmediatamente despois para que se presenten candidaturas a vogais da comisión permanente do consello. Segundo o previsto polo artigo 20 das Normas de Funcionamento do Consello, serán elixidos/as nunha futura sesión do Pleno ata un máximo de 10 vogais. Polo menos seis destes/as vogais deberán ter a condición de representantes dos clubs deportivos da cidade. "É imprescindible que cada un/unha deses/as vogais elixidos/as de entre as entidades represente unha disciplina deportiva distinta", indicou a titular de Deportes. Deste xeito, búscase acadar a máxima representatividade das 93 entidades deportivas que, debidamente inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións Coruñesas (REMAC), aceptaron a invitación da alcaldesa para formar parte deste consello.

O CMD terá un Pleno anual, aínda que este ano haberá dous ao considerarse o acto de mañá o primeiro, e posteriormente traballarase cunha comisión permanente da que sairán grupos de traballo que lle proporán diferentes temas á Concellería de Deportes.

Ao acto institucional de mañá na dependencia municipal de Riazor asistirán unhas 120 persoas e cumpriranse todas as medidas sanitarias e de seguridade, seguindo os protocolos existentes.

Noticias de A. G. Concellarías - Mandato 2019-2023

12 resultados

ver máis

Busca na nosa hemeroteca de AG...

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión