Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

8 de xullo de 2020

Inés Rey: “O Concello traballa na a recuperación da Casa Cornide para o patrimonio dos coruñeses e das coruñesas”

A alcaldesa asegurou que este inmoble é “un activo patrimonial de carácter público” e que a súa recuperación “leva a canle oportuna”

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, apelou esta mañá ao anuncio de venda da Casa Cornide por parte da familia Franco como "unha actitude máis de desprezo á legalidade e ao público". Rey asegurou que a Casa Cornide é "un activo patrimonial de carácter público" e que o Concello da Coruña así o reivindicará xa que "traballa na recuperación da Casa Cornide para o patrimonio das coruñesas e coruñeses".

A rexedora lembrou que o Pleno da Corporación acordou o impulso da declaración BIC deste inmoble, na que xa se está a traballar, e posteriormente aprobou a recuperación da Casa Cornide para o patrimonio da Coruña.

Rey sinalou que os traballos para recuperar esta propiedade foron retomados inmediatamente despois das dilacións ocasionadas pola pandemia da COVID-19, e que "leva a canle oportuna".

Noticias de A. G. Igualdade, Benestar social e Participación

Igualdade, Benestar social e Participación

1 resultados

Busca na nosa hemeroteca de AG...

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión