Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

24 de setembro de 2020

Inés Rey: “O hórreo de San Roque volve estar no lugar que lle corresponde”

Inés Rey subliñou a importancia de recuperar un patrimonio que foi reconstruído pedra a pedra e que levaba máis de dez anos nunha nave

A alcaldesa, Inés Rey, acompañada do edil de Urbanismo, Juan Díaz Villoslada, da concelleira de Medio Ambiente, Esther Fontán, e da veciñanza do barrio visitaron esta tarde o hórreo de San Roque de Fóra, unha peza de tres séculos de antigüidade que foi reconstruída peza a peza no pasado mes de xullo tras más de unha década gardada nunha nave municipal. Para a reconstrución, o persoal técnico utilizou planos e fotografías antigas. A alcaldesa asegurou que a actuación foi demandada polos veciños e veciñas do barrio desde hai tempo, e "despois de dez anos este patrimonio volve estar no lugar que lle corresponde".

Inés Rey subliñou a importancia de conservar e manter o patrimonio dos nosos barrios, xa que quedan poucos hórreos deste tipo.  "A recuperación deste hórreo é unha mostra das políticas do Goberno local para recuperar e conservar o patrimonio cultural", dixo. Esta actuación completa a mellora das zonas peonís no tramo comprendido entre a rúa Educación e a Praza da Mariña Mercante.

Esta construción foi desmontada no ano 2009 cando se iniciaron as obras de urbanización en Náutica. "Coa volta do hórreo, o barrio recupera parte da súa esencia e combina historia con futuro, símbolos do barrio con novos espazos de convivencia", dixo.

Noticias de A. G. Alcaldía

Alcaldía

Sen resultados.

Busca na nosa hemeroteca de AG...

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión