24 de setembro de 2020
Inés Rey subliñou a importancia de recuperar un patrimonio que foi reconstruído pedra a pedra e que levaba máis de dez anos nunha nave
A alcaldesa, Inés Rey, acompañada do edil de Urbanismo, Juan Díaz Villoslada, da concelleira de Medio Ambiente, Esther Fontán, e da veciñanza do barrio visitaron esta tarde o hórreo de San Roque de Fóra, unha peza de tres séculos de antigüidade que foi reconstruída peza a peza no pasado mes de xullo tras más de unha década gardada nunha nave municipal. Para a reconstrución, o persoal técnico utilizou planos e fotografías antigas. A alcaldesa asegurou que a actuación foi demandada polos veciños e veciñas do barrio desde hai tempo, e "despois de dez anos este patrimonio volve estar no lugar que lle corresponde".
Inés Rey subliñou a importancia de conservar e manter o patrimonio dos nosos barrios, xa que quedan poucos hórreos deste tipo. "A recuperación deste hórreo é unha mostra das políticas do Goberno local para recuperar e conservar o patrimonio cultural", dixo. Esta actuación completa a mellora das zonas peonís no tramo comprendido entre a rúa Educación e a Praza da Mariña Mercante.
Esta construción foi desmontada no ano 2009 cando se iniciaron as obras de urbanización en Náutica. "Coa volta do hórreo, o barrio recupera parte da súa esencia e combina historia con futuro, símbolos do barrio con novos espazos de convivencia", dixo.
Deportes
10 resultados
O 5 de mar de 2024
As persoas interesadas poden participar no conxunto das sete carreiras ou apuntarse para a XII Carreira Popular da Torre do próximo 23 de marzo
O 25 de feb de 2024
A alcaldesa, Inés Rey, presidiu a entrega de medallas aos gañadores
O 8 de feb de 2024
Jonas Vingegaard, Egan Bernal, Ethan Hayter ou Carlos Rodríguez son algúns dos deportistas de elite presentes nesta competición
O 7 de feb de 2024
O evento, que converterá a cidade no epicentro nacional deste deporte, terá lugar no Coliseum con entrada gratuíta
O 7 de feb de 2024
Terá lugar na piscina municipal de Riazor a partir das 10.00 horas
O 6 de feb de 2024
O campo quedará terminado esta semana e desde o sábado poderanse xogar alí os primeiros partidos
ver máis
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible