1 de marzo de 2021
Ante a situación epidemiolóxica que estamos a vivir e seguindo as recomendacións da ministra de Sanidade, a alcaldesa considera que existen outras alternativas para reivindicarmos os dereitos das mulleres que non sexan grandes concentracións nas rúas
A alcaldesa, Inés Rey, pídelle á veciñanza a máxima prudencia ante as manifestacións convocadas o próximo 8 de marzo pola celebración do Día Internacional da Muller. "Estamos a vivir un momento moi delicado marcado pola pandemia en que é conveniente extremar as precaucións e cumprir escrupulosamente as recomendacións das autoridades sanitarias para evitar que se volva producir unha onda de contaxios como a que vivimos o pasado mes", sinalou.
A alcaldesa, seguindo a mensaxe e as recomendacións da ministra de Sanidade, máxima autoridade sanitaria no país, destacou que existen formas diferentes de celebrar o 8 de marzo e, por iso, apela á responsabilidade ante a situación epidemiolóxica actual.
Doutra banda, a alcaldesa lamentou as denuncias interpostas esta fin de semana por algúns incumprimentos nas capacidades das terrazas: "Sempre hai que lamentar as denuncias ao longo de todas as desescaladas, porque implican que non se están respectando as normas que impoñen as autoridades sanitarias; normas de obrigado cumprimento co obxectivo de que non se propague o virus e de que se freen os contaxios". E apuntou que a Policía Local levou a cabo o seu labor de control como todos os días das capacidades das terrazas, de que non estivesen xuntos máis de catro persoas non conviventes, e das distancias de seguridade para facermos unha desescalada segura. Como noutras ocasións, a rexedora pediulle á veciñanza sentido común e que respecte as normas para frear o virus.
12 resultados
O 13 de mar de 2024
A Coruña foi a única cidade galega en crear unha oficina específica de atención ás persoas que fuxían da invasión rusa
O 5 de mar de 2024
As persoas interesadas poden participar no conxunto das sete carreiras ou apuntarse para a XII Carreira Popular da Torre do próximo 23 de marzo
O 25 de feb de 2024
A alcaldesa, Inés Rey, presidiu a entrega de medallas aos gañadores
O 19 de feb de 2024
A concelleira de Atención Cidadá e Seguridade, Montserrat Paz, recibiu ao vehículo que permite o seu uso asistencial ou medicalizado
O 8 de feb de 2024
Jonas Vingegaard, Egan Bernal, Ethan Hayter ou Carlos Rodríguez son algúns dos deportistas de elite presentes nesta competición
O 7 de feb de 2024
O evento, que converterá a cidade no epicentro nacional deste deporte, terá lugar no Coliseum con entrada gratuíta
ver máis
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible