Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

1 de marzo de 2021

Inés Rey recomenda evitar as aglomeracións no 8-M

Ante a situación epidemiolóxica que estamos a vivir e seguindo as recomendacións da ministra de Sanidade, a alcaldesa considera que existen outras alternativas para reivindicarmos os dereitos das mulleres que non sexan grandes concentracións nas rúas

A alcaldesa, Inés Rey, pídelle á veciñanza a máxima prudencia ante as manifestacións convocadas o próximo 8 de marzo pola celebración do Día Internacional da Muller. "Estamos a vivir un momento moi delicado marcado pola pandemia en que é conveniente extremar as precaucións e cumprir escrupulosamente as recomendacións das autoridades sanitarias para  evitar que se volva producir unha onda de contaxios como a que vivimos o pasado mes",  sinalou.

A alcaldesa, seguindo a mensaxe e as recomendacións da ministra de Sanidade, máxima autoridade sanitaria no país, destacou que existen formas diferentes de celebrar o 8 de marzo e, por iso, apela á responsabilidade ante a situación epidemiolóxica actual.

Doutra banda, a alcaldesa lamentou as denuncias interpostas esta fin de semana por algúns incumprimentos nas capacidades das terrazas: "Sempre hai que lamentar as denuncias ao longo de todas as desescaladas,  porque implican que non se están respectando as normas que impoñen as autoridades sanitarias; normas de obrigado cumprimento co obxectivo de que non se propague o virus e de que se freen os contaxios". E apuntou que a Policía Local levou a cabo o seu labor de control como todos os días das capacidades das terrazas, de que non estivesen xuntos máis de catro persoas non conviventes, e das distancias de seguridade para facermos unha desescalada segura. Como noutras ocasións, a rexedora pediulle á veciñanza sentido común e que respecte as normas para frear o virus.

Noticias de A. G. Urbanismo, Vivenda, Infraestruturas e Mobilidade

Urbanismo, Vivenda, Infraestruturas e Mobilidade

Sen resultados.

Busca na nosa hemeroteca de AG...

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión