8 de abril de 2020
A través deste perfil social publícase unha foto diaria con anécdotas e curiosidades sobre A Coruña
A versión dixital do programa Itinerarios 2020-21 , Itinerarios virtuais, vai collendo máis forma conforme avanza o período do estado de alarma decretado para poñer freo á pandemia do coronavirus.
Despois de habilitar un blog específico e de crear un perfil en Facebook desde o que se retransmiten os itinerarios virtuais, a Federación Provincial das ANPA acaba de abrir unha conta en Instagram. A través deste perfil social publícase diariamente unha fotografía acompañada dun texto con anécdotas e curiosidades da Coruña, "pequenas historias da nosa cidade".
Completa a rede de perfís sociais de Itinerarios virtuais unha canle de Youtube na que se publican os vídeos da sección "Sabías que...?", con máis curiosidades da cidade herculina. Ademais, está previsto que a próxima semana se estree a sección "Canto sabes de...?" que consistirá nun concurso no que poderán participar as persoas usuarias.
Participación
Ata o momento, o blog superou as 3.000 visitas e no perfil de Facebook rexistráronse máis de 1.600 reproducións no conxunto de vídeos de Itinerarios virtuais.
Calendario para a semana do 20 ao 24 de abril
Despois de cada itinerario de Facebook, publícanse actividades relacionadas con esa temática no blog.
14 resultados
O 18 de abr de 2024
A concelleira de Medio Ambiente, Noemí Díaz, fíxolle entrega das bolsas individuais, tamén dispoñibles para a súa recollida no Centro Cívico
O 7 de abr de 2024
O concelleiro de Deportes, Manuel Vázquez, participou no acto de entrega de premios ás e aos gañadores
O 13 de mar de 2024
A Coruña foi a única cidade galega en crear unha oficina específica de atención ás persoas que fuxían da invasión rusa
O 5 de mar de 2024
As persoas interesadas poden participar no conxunto das sete carreiras ou apuntarse para a XII Carreira Popular da Torre do próximo 23 de marzo
O 25 de feb de 2024
A alcaldesa, Inés Rey, presidiu a entrega de medallas aos gañadores
O 19 de feb de 2024
A concelleira de Atención Cidadá e Seguridade, Montserrat Paz, recibiu ao vehículo que permite o seu uso asistencial ou medicalizado
ver máis
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible