Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

29 de maio de 2020

Jose Manuel Lage: "A política pode e debe ser útil. A reconstrución require que poñamos todo sobre a mesa"

O Concello incentivará o consumo con axudas directas para contribuír á reactivación económica mediante un plan único en España no seu alcance, segundo as persoas representantes da hostalaría

O concelleiro de Economía, Facenda e Réxime Interior e voceiro do Goberno local, José Manuel Lage Tuñas, defendeu esta tarde o paso dado polo concello á hora de aprobar o Plan de Rescate Económico e Social da Coruña (PRESCO). "A política pode e debe ser útil, a reconstrución require que poñamos todo sobre a mesa", dixo Lage Tuñas canto á unanimidade acadada no consistorio para sacar adiante o plan.

A consecucion dese consenso foi aplaudida por Xiana Méndez, secretaria de Estado de Comercio, que participou con Lage Tuñas nun foro radiofónico sobre a reconstrución tras o coronavirus en que tamén participaron José Luis Boado, presidente da FUCC, e Héctor Cañete, presidente dos hostaleiros.

Lage Tuñas, que agradeceu o apoio do resto de grupos da corporación, recordou que o Concello vai máis aló das súas competencias aprobando un plan de 13 millóns de euros con axudas directas para as persoas autónomas e micropemes, que poderán solicitar entre 1.500 e 2.500 euros para o pago de cotas do réxime de autónomos e da seguridade social.

O voceiro do Goberno local recordou que o plan inclúe liñas para o fomento do consumo, con 1,3 millones de euros en bonos para comercio e hostalaría, unha iniciativa en que A Coruña é pioneira, xunto a Bilbao, en España.

"No hai ningún concello en España que aprobara unha batería de medidas como estas, é un plan que superou as miñas expectativas", dixo Héctor Cañete.

"A colaboración público privada é fundamental", apuntou Lage Tuñas sobre a forma de por en marcha un plan de recuperación que busca tamén xerar confianza a través de campañas de promoción da cidade. "Veñen tempos moi duros e ímonos a  volcar", dixo o edil, que transmitiu o agradecemento da alcaldesa, Inés Rey, a todas/os aqueles que facilitaron a unidade na Coruña para loitaren contra as consecuencias da pandemia.

Noticias de A. G. Deportes

Deportes

11 resultados

ver máis

Busca na nosa hemeroteca de AG...

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión