Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

30 de decembro de 2020

Máis de 110 policías locais velarán pola seguridade da cidadanía durante as xornadas de mañá e Aninovo

Desde o Concello fáiselle un chamamento á veciñanza para que celebre estas datas “con sentidiño” e respecte as normas decretadas pola Xunta canto a horarios e número de comensais na mesa

A Policía Local organizará para a xornada de mañá e mais para a do 1 de xaneiro un dispositivo especial que velará pola seguridade da cidadanía. As e os efectivos acudirán especialmente ás zonas de ocio e locais para vixiaren que as coruñesas e os coruñeses cumpren coas normas decretadas pola Xunta para estes dous días. Serán un total de 113 policías habilitadas/os co fin de que a cidade celebre o Nadal sen que se produzan xuntanzas maiores das permitidas e se respecten os horarios. Os negocios de hostalaría terán que pechar ao público ás once da noite e non poderán volver a abrir até as once da mañá do día 1. Ademais, o Goberno autonómico permite que as ceas e comidas que se realicen para despedir 2020 e darlle a benvida ao novo ano sexan de dez comensais como máximo, dos que seis terán que ser persoas adultas e catro, nenas ou nenos de até dez anos.

Desde o Concello, faise un chamamento para que a veciñanza se comporte como até o de agora e que festexe estas datas tan especiais "con sentidiño" co fin de que, entre todas e todos, logremos frear a pandemia. Ademais deste cadro de persoal que se repartirá polos distintos barrios, estarán activas/os as e os profesionais que ocupan postos fixos na sala 092 ou no pazo municipal de María Pita e tamén as/os que realizan labores de atestados.

Noticias de A. G. Igualdade, Benestar social e Participación

Igualdade, Benestar social e Participación

1 resultados

Busca na nosa hemeroteca de AG...

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión