Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

29 de agosto de 2020

Máis de 12.500 usuarios/as déronse de alta nos bonos do PRESCO nos primeiros vinte días de vixencia

As persoas autónomas afectadas polos peches da pandemia solicitan unha media de 3.000 euros nas dúas primeiras liñas de axudas do Concello

Un total de 12.637 persoas déronse de alta na web www.presco.gal para solicitar algún dos tres tipos de bonos dispoñibles no Plan de Reactivación Económica e Social da Coruña (PRESCO), para incentivar a actividade económica no pequeno comercio, na hostalaría e no sector cultural da cidade. O número de bonos descargados ascende a día de hoxe a 17.633.

As axudas habilitadas cos plans de bonos, únicas en España pola súa contía de 1,6 millóns de euros de orzamento, están a ter unha importante acollida na cidade e nos sectores que poden facer uso delas. As e os cidadáns poden solicitar bonos de desconto desde o pasado 10 de agosto. En apenas 20 días de vixencia xa foron descargados bonos por valor de 619.200 euros. Os negocios adscritos ao programa poden facturar ao Concello mediante os bonos un total de 3.000 euros por cada establecemento, salvo no sector cultural, no que a cantidade ascende a 5.000 euros.

Xa hai pequenos comercios na cidade que chegaron á cantidade máxima. "Autónomos en micropemes confirman que o programa está a funcionar moi ben, o goberno que preside Inés Rey foi ambicioso ao poñer en marcha un plan, o PRESCO, único en Galicia, para revitalizar a economía local. Coido que os resultados están aí e que este goberno está a cumprir cos seus compromisos máis que ningunha outra Administración en Galicia", indicou o concelleiro de Economía, Facenda e Réxime Interior, José Manuel Lage Tuñas.

O PRESCO permite a cada veciño/a descagar bonos de desconto por un valor total de 105 euros que poden gastar en comercio (30 euros), hostalaría (15 euros) e cultura (60 euros). Basta con darse da alta na web www.presco.gal para baixarse no móbil os bonos. A través dunha aplicación os comercios adheridos ao plan canxean eses bonos, o que supón importantes descontos para a súa clientela e un incentivo para aumentar as compras nuns sectores especialmente afectados polos efectos da pandemia da Covid-19. O Concello fará efectivos ás empresas os pagos dos primeiros bonos canxeados nos establecementos a partir da vindeira semana.

BONOS DESCARGADOS

NÚMERO

IMPORTE €

FONDOS DESCARGADOS €

ORZAMENTO

SALDO

COMERCIO

6001

30

180.030

814.000

633.970

CULTURA

5882

60

352.920

425.000

72.080

HOSTALARÍA

5750

15

86.250

370.000

283.750

TOTAIS

17.633

619.200

1.609.000

989.800

Cada persoa usuaria ten dereito a un máximo de tres bonos de 10 euros cada un para o pequeno comercio. Pode empregar un bono por cada compra superior a 30 euros. En hostalaría tamén son tres bonos, de 5 euros cada un e para compras superiores aos 20 euros. Para o sector cultural o sistema é distinto: as e os usuarios dispoñen de 60 euros que se empregarán en descontos do 40 % do valor de compra nos establecementos adheridos até completar esa contía. Os bonos caducan aos dous meses da súa descarga e o prazo máximo para poder canxealos expira o 31 de novembro.

"Animamos as e os cidadáns a descargarse os bonos e ao pequeno comercio, hostalaría e sector cultural a aproveitar esta oportunidade. Para eles non ten custe algún e supón un estímulo importante, como se está a demostrar, para a recuperación da economía local. Ese é o noso obxectivo e para iso deseñouse o PRESCO", explicou Lage Tuñas.

O PRESCO, dotado con 13,2 millóns de euros, aprobouse o pasado 1 de xuño por unanimidade. O 7 de xullo, 37 días despois, abríronse as dúas primeiras liñas de axudas para o pago de alugueiros e cotas de autónomos/as e seguridade social, e para a modernización dixital e actuacións de seguridade sanitaria nos pequenos negocios da cidade. Un total de 2.843 persoas autónomas e micropemes solicitaron xa esas axudas. No caso dos primeiros son 1.960 os e as solicitantes. A media das axudas solicitadas ao Concello por cada autónomo ascende a 3.001 euros. O prazo para presentar as solicitudes remata o 15 de setembro.

Os fondos solicitados ascenden a 9.380.296 euros, superando os 6.235.000 euros da cantidade orzamentada para tal fin. A cifra da conta da alta demanda da iniciativa, á que se teñen sumado practicamente un de cada dous pequenos comercios da cidade. O goberno que dirixe Inés Rey está a avaliar xa as solicitudes para validar aquelas que cumpran cos requisitos establecidos nas bases.

Innovación, Industria, Emprego e Consumo

Sen resultados.

Busca na nosa hemeroteca de AG...

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión