Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

26 de setembro de 2020

Máis de 20.000 persoas descargaron os bonos do PRESCO para consumir no comercio e na hostalería local

O programa cultural do plan de reactivación municipal arrincou onte con espectáculos nas prazas de Lugo e das Conchiñas

A alcaldesa, Inés Rey, anunciou que un total de 20.600 persoas déronse de alta na web www.presco.gal para descargaren algún dos tres tipos de bonos do Plan de reactivación económica e social da Coruña (PRESCO) e que o número de descargas da app por parte das e dos comerciantes ascende a 2.000.

Rey destacou que as axudas habilitadas a través dos bonos, únicas en España pola súa contía de 1,6 millóns de euros, están a ter unha grande acollida na cidade e nos sectores que poden facer uso delas. Os negocios adscritos poden facturar mediante os bonos un total de 3.000 euros por cada establecemento, salvo no sector cultural, no que a cantidade ascende a 5.000 euros. Xa hai 10 pequenos comercios na cidade que chegaron á cantidade máxima.

"O concello está preto da xente. Puxemos en marcha esta iniciativa pioneira para incentivar a actividade económica no pequeno comercio, na hostalería e no sector cultural da cidade pola que cada cidadá/n recibe 105 euros para poder gastalos en hostalería, comercio ou produtos culturais", dixo a rexedora.

E lembrou que o concello destinou máis de 13 millóns de euros a reactivar a economía, "porque sabiamos que era o momento de estar preto da xente e das súas necesidades".

Neste senso, sinalou que na liña de axudas do PRESCO ás persoas autónomas presentáronse 3.827 solicitudes por valor de 12 millóns de euros. "A Coruña foi a primeira cidade de Galicia en dar unha resposta aos efectos económicos e sociais da pandemia asumindo a necesidade de responder independentemente das nosas competencias", dixo a alcaldesa.

Ademais, o concello destina 300.000 euros ao programa de actividades culturais. "A cultura foi unha vía de escape durante o confinamento e agora hai que lles devolver todo os que nos deron", sinalou Inés Rey.

De feito, onte arrincou este programa nas rúas da cidade, que inclúe 140 actuacións de grupos, artistas e compañías locais danza, humor, música, teatro, e infantís que terán lugar ata o 29 de novembro nas principais prazas da Coruña.

Tamén se presentaron un total de 71 proxectos á convocatoria de Bolsas de Creación Artística con axudas de ata 5.000 euros.

Noticias de A. G. Alcaldía

Alcaldía

Sen resultados.

Busca na nosa hemeroteca de AG...

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión