Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

3 de xaneiro de 2020

Máis de 400 nenas e nenos participarán na cabalgata dos Reis Magos, que se inspirará na maxia do Nadal

A alcaldesa, Inés Rey, e a concelleira de Festas, Diana Cabanas, presentaron esta mañá a carreira, que partirá o domingo ás 17.30 horas do Miradoiro dos Castros e rematará sobre as 20.00 horas en María Pita

A alcaldesa, Inés Rey, e a concelleira de Festas, Diana Cabanas, presentaron esta mañá a cabalgata dos Reis Magos, que sairá este domingo do miradoiro dos Castros ás 17.30 horas, percorrerá a avenida de Oza, Ramón y Cajal, avenida do Exército, Linares Rivas, praza de Mina, Cantón pequeno e grande e A Mariña e finalizará sobre as 20.00 horas en María Pita. Nela intervirán máis de 150 artistas de once compañías, dúas delas internacionais, inspiradas/os na maxia do Nadal. Non faltarán acróbatas, zancos ou cabalos de luz con estéticas circenses e moita música para animar o paseo.

Ao rematar, haberá unha chocolatada na praza de María Pita para todos os e as nenas participantes e as súas Maxestades dirixirán unha mensaxe desde a balconada do pazo municipal. A edila explicou que se habilitarán cinco puntos de mobilidade reducida, cinco de atención sanitaria e dous de lactancia que estarán situados no Centro Cívico de San Diego e en María Pita. Serán en total 13 carrozas, sete de patrocinadores e seis municipais; e catro trens, un deles solidario, formado por cativas e cativos da unidade de diabetes do CHUAC e da Rede Municipal de Acollida. Ademais, a frota completarase cun bus da TVG, que retransmitará a carreira, e no que viaxarán personaxes tan coñecidos como Os Bolechas e o Xabarín. Na cabalgata 400 pequenas e pequenos viaxarán ao lado dos Magos de Oriente e, xunto a eles, 35 monitoras/es e 50 persoas auxiliares e mais os axudantes dos patrocinadores. Entre todas e todos repartirán 6 toneladas de caramelos mais os doces que se lancen desde as carrozas das firmas patrocinadoras.

O responsable de Seguridade Cidadá, Carlos García Touriñán, sinalou que no dispositivo especial traballarán 132 persoas entre Policía Local, Bombeiros, Protección Civil e Cruz Vermella. Desde Os Castros á Mariña, haberá cinco puntos con saídas de evacuación na avenida de Oza con rolda de Outeiro, na praza da Palloza, na praza de Ourense, unha cuarta á altura da Subdelegación de Goberno e na praza de María Pita. Aínda que o persoal dividirá o tráfico pola cidade para que non se produzan atascos, García Touriñán aconselloulle á cidadanía que non se desprace en coche e que os pais e nais procuren que as crianzas non se acheguen ás carrozas porque "haberá caramelos para todos". Sobre o circuíto comentou que este ano será totalmente recto e chan e que non se cruzarán os vehículos en ningún tramo, polo que resultará máis seguro que en edicións anteriores.

Noticias de A. G. Alcaldía

Alcaldía

Sen resultados.

Busca na nosa hemeroteca de AG...

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión