Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

19 de febreiro de 2020

Máis de 500 deportistas participarán este sábado na XV Copa Cidade da Coruña de Taekwondo

O concelleiro de Deportes, Juan Ignacio Borrego, presentou esta mañá en María Pita a tradicional proba organizada pola Escola Garrapucho, a Federación Galega de Taekwondo e o concello

O concelleiro de Deportes, Juan Ignacio Borrego, presentou esta mañá en María Pita a décimo quinta edición da Copa Cidade da Coruña de Taekwondo organizada pola Escola Garrapucho, a Federación Galega de Taekwondo e o concello, que este sábado reunirá no Coliseo máis de 500 participantes que competirán nas categorías de alevín, infantil, cadete, júnior, sénior, máster 1 e 2.

A entrada será gratuíta e realizarase, como todos os anos, unha recollida de alimentos en favor da Cociña Económica. A cita deportiva dividirase en xornada de mañá, de 9.00 a 14.00 horas, e de tarde de 15.00 a 20.00 horas.

O edil de Deportes agradeceulles ás persoas organizadoras o traballo que realizan desde o club para potenciar a disciplina do taekwondo na cidade e, quixo facer fincapé de maneira especial no "compoñente social que leva asociado". Borrego convidou a todas e todos os coruñeses a asistir ao evento deportivo e achegarlle o seu gran de area a unha causa social tan importante como a Cociña Económica.

Pola súa banda, Pedro Rodríguez, representante do Club Garrapucho, explicou que a proba coruñesa outorga a máxima puntuación RG3 no ránking galego para as clasificatorias nacionais, e que esperan que máis de 2.000 persoas se acheguen este sábado ao Coliseo para gozar dun torneo no que participan ademais de clubs galegos, clubs de Asturias, Baleares, Castela-León e Portugal.

Na presentación da proba estiveron tamén a vicepresidenta da Federación Galega de Taekwondo, Esperanza Melián, e o director da Escola de Artes Marciais Garrapucho, José Luis Garrapucho Cermeño.

Noticias de A. G. Alcaldía

Alcaldía

Sen resultados.

Busca na nosa hemeroteca de AG...

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión