Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

4 de maio de 2021

María Pita acollerá mañá a primeira reunión técnica do equipo de traballo para reordenar os espazos portuarios da cidade

Todas as administracións implicadas daranse cita ás 11.00 horas no que será “outro paso fundamental” para construír o futuro da Coruña, segundo Inés Rey

As administracións implicadas na reordenación do espazo portuario da Coruña estarán presentes mañá, ás 11.00 horas, en María Pita, na que será a primeira reunión do equipo de traballo coa que se ratifica o compromiso de todas elas, segundo a alcaldesa, Inés Rey, de cara a buscar a mellor solución para o seu desenvolvemento. Para a rexedora, "é outro paso fundamental que demostra, como deixei claro o 23F, que se hai diálogo entre administracións todo é posible". Na comisión técnica daranse cita representantes de Portos do Estado, a Consellería de Infraestruturas, Adif, a Autoridade Portuaria, a Deputación e mais o Concello co fin de concretar a folla de ruta e establecer as obrigas e compromisos de cada unha das partes.

O Goberno local recorda que o desbloqueo desta infraestrutura se produciu tras a convocatoria por parte da alcaldesa en María Pita dunha reunión con todas as institucións o pasado 23 de febrerio xa que só dous meses despois se despexaron cuestións que estaban enquistadas desde hai máis dunha década. Desde o Concello aseguran que cando se traballa e se cre no futuro da cidade, os proxectos saen adiante. Lembran tamén que en 20 meses lles deron luz verde a grandes proxectos que levaban anos parados como a Estación Intermodal, o novo CHUAC, o centro de Santa Lucía ou o que permitirá avanzar no porto coruñés: a licitación do tren a Langosteira.

Noticias de A. G. Deportes

Deportes

34 resultados

ver máis

Busca na nosa hemeroteca de AG...

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión